22-07-2008

  10:12:16, por Lugris   , 130 palavras  
Categorias: Cousas por aí, sms, Gz é bem pequena

Estrea de "Ela. Ribeirinha" na Ilha de Arousa

Estrea de "Ela. Ribeirinha", de Pedro Vila Táboas, na sexta-feira do Dia da Pátria, 25 de Julho, às h., no Concelho da Ilha de Arousa.
Contam com nós. Contam contigo.

Saúde, Pedro.!

Versom original em língua galega, a curtametragem de 10 minutos, em formato de 35mm., dirigida por Pedro Vila Táboas conta a história dumha mulher de 75 anos, que todos os días aguarda na mesma rocha a que o seu marido, teoricamente morto na Guerra do 36, volte. A única relaçom com a vizinhança, é com Chelo, umha mulher de 35 anos, que todos os dias a recolhe na rocha e a leva a misa, para depois deixá-la na casa. Mas umha visita inesperada fai que algumha cousa se mova no tempo de Ela.

1 comentário

Comentário de: Mediopelo [Visitante]  
Mediopelo

Meu, como é o mundo. Ali estaba o Barón, para dar testemuña da expectación que levantou o corto na Illa. Tanta, que apenas se escoitaban os “diálogos".
Interesante debate o que se montou despois (non na sá, senón na cea): unha obra aberta á interpretación. O Barón non tivo o pracer de discutir co director directamente (estaban demasiado bébedos os dous, é o que ten o Con do Moucho; e non se coñecen), mais si con Chelo e os seus achegados.
Persoalmente, ao Barón sorprendeu-lle o final, aínda non sabe se para ben ou para mal. Iso é un bó sinal.

31-07-2008 @ 19:26