03-09-2008

Link permanente 07:51:57, por i (gor) Email , 275 palavras   Português (GZ)
Categorias: Cousas por aí, Escrever nom é mau, Gz é bem pequena

Hoje no "Galicia Hoxe" (isto é autobombo)

Hoje, publicam no Galicia Hoxe o resultado dumha entrevista que me figerom, como introduçom ao monográfico que manham publicaram na "Revista das Letras":
"Lugrís, a quen GALICIA HOXE lle dedicará o suplemento Revista das Letras desta semana, é un deses escritores que lograron tecer, paseniño, con iniciativas cimentadas na forza da vontade e da inventiva e alén da industria cultural, as súas redes de lectores".

Continua:

Sob o titular "Crer en nós mesmos", recolhe a jornalista M. Dopico as minhas reflexons sobre diferentes temas relacionados com a poesia, a literatura, a arte, a cultura em geral, com Galiza, etc...: "A literatura é, para Lugrís, un xeito de "interpretar o mundo. Non creo que sirva para transformalo, pero si para clarificalo, e iso pode ser a base para mudalo. Esta é a miña opción. Outros poetas teñen outras, tamén válidas. Creo que a poesía non debe procurar a beleza, senón a verdade. Pero non todo é compromiso. Tamén ten que ter unha parte atractiva, evocadora, que te anime a seguir adiante", comentou. As obras deste poeta amosan unha continuidade temática, que xira arredor de varios eixes. Un deles é o amor: os sentimentos, os corpos... que Lugrís conecta con cuestións sociais e políticas como a situación da lingua galega e a súa función alicerzadora da identidade: outra das súas inquedanzas, como a liberdade".

Manham, pois, na Revista das Letras, mais, acompanhando a quem já saiu até agora: Lucía Aldao, María do Carme Kruckenberg, Rafa Janeiro, Lupe Gómez, Carlos Lema, Xesús Constela, Ildásio Tavares,...

Sem comentários ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
Maio 2012
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ferramentas do usuário

powered by b2evolution free blog software