"Servizos como Trama Virtual distribúen a produción de máis de 50.000 artistas que ofrecen a súa música de xeito gratuita e son remunerados por medio da publicidade. Ignorados polas compañías tradicionais, as xeracións máis recentes de músicos cariocas puideron crecer e atopar ao seu público grazas a este portal que conseguiu éxitos estratéxicos para o seu modelo como catapultar á élite da escena independente internacional a Cansei de Ser Sexy (CSS), un dos múltiples grupos que colgaron alí os seus temas.
(...)
No estado de Pará, ao norte de Brasil, o Tecnobrega -cuxos orixes explícanse no interesante documental gratuito Good Copy, Bad Copy- é tan popular que cada ano edítanse máis de catrocentos CDs e 100 DVDs desta clase de música. Pero ningún chega ás tendas de discos; os productores preferiron chegar a acordos coas redes de "manteiros" que venden copias ilegais dos grandes lanzamentos internacionais.
Os músicos cédenlles os seus discos gratuitamente e permiten que se quedan co prezo integro da venda. A cambio, os vendedores convértense na rede de promoción destes artistas, que logo recuperan con fartura o investimento actuando en grandes festas soundsystem nas que chegan a xuntarse ata 15.000 persoas".
[youtube]7agPOt1XZz8[/youtube]
Tirei-no daqui. E a imagem também.