30-09-2008

Link permanente 08:00:21, por i (gor) Email , 384 palavras   Português (GZ)
Categorias: Cousas por cá, Gz é bem pequena, Estam tolos estes espanhois

Salvemos a Serra da Lastra!!!

Via Made in Galiza, chega a informaçom sobre a construçom da nova "infraestrutura" Ponferrada-Ourense, que segum Tourinho, esse homem, vai-nos colocar na vanguarda das infraestruturas nom só no estado, mas em toda Europa.
Pois a tal infraestrutura, servirá para que as construtoras podam meter as suas gadoupas na Serra da Lastra, com viadutos, taludes e túneis.
Isto é o que di Cristina de la Torre, jornalista e vizinha da Rua:
"Ola.Son Cristina de la Torre, unha veciña da Rúa, en Valdeorras. Escribo para pedir axuda cunha loita pequena pero importante.
O Ministerio de Fomento fixo público hai pouco o estudio informativo da Autovía A-76 que unirá Ponferrada e Ourense.
Pois ben, a proposta que teñen é de atravesar coa nova estrada o Parque Natural da Serra da Lastra, en Valdeorras, e iso a pesares dos informes negativos e de que poderían, indo por outro trazado, dotar de infraestructuras á zona mineira de Ponte de Domingo Flórez e Carballeda de Valdeorras.
O estudo informativo está en periodo de alegacións para os particulares así que é o momento de protestar por escrito ante Demarcación de Carreteras para que reconsideren esta opción e salvar o Parque. Plantexan nada menos que atravesalo cun túnel de 3,5 kilómetros e enchelo de viaductos e taludes.
O que podemos agora é presentar cantas máis alegacións mellor.Temos unha semana de prazo, ata o 4 de outubro.
Así que te pido que te sumes a esta iniciativa, descargues a alegación e a presentes en calquer rexistro ou por Correo. Todos os detalles están no blog SERRA DA LASTRA R.I.P.
Só hai que imprimir a alegación e rexistrala. Podes fotocopiala e conseguir que asinen varias personas (en alegacións individuais) se tes un rexistro preto. Tamén podes redactar a túa propia alegación.
Iremos actualizando o blog con máis detalles en canto podamos. De momento é para organizar as alegacións. Súmate e reenvía este mail ós teus amigos e contactos".

Continua:

O prazo para apresentar alegaçons remata o 4 de Outubro.
Copia, difunde, distribue esta informaçom entre os teus contactos. Imprime as alegaçons e apresenta-as. Qualquer oficina dos Correios, se nom tes perto outro registo, funciona como registo.
SALVEMOS A LASTRA!!!

2 comentários

Comentário de: ptolo [Membro] Email
"Praço"? Não será antes "Prazo"? Abraço
30-09-2008 @ 12:08
Comentário de: i (gor) [Membro] Email
É, ptolo, é.
Corrigido. Obrigado. Saúdos.
30-09-2008 @ 15:11

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
This is a captcha-picture. It is used to prevent mass-access by robots.

Please enter the characters from the image above. (case insensitive)

Array
Julho 2009
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

blog software