"Entendido deste xeito, o blog pode entenderse como un xénero ou, como mínimo, como unha nova versión do vello xénero "caixón de sastre". con todo, cómpre facer algunhas consideracións adicionais. non teño as ideas demasiado claras, penso que sobre todo isto aínda hai moito debate posíbel, pero vou deixar aquí uns apuntes e xa veremos en que dan".
Debatamos, pois. Ou sigamos a debater. A questionar. A resistir. A libertar. Eduardo abre mha nova janela para intercambiar opinions.
E já nos avisa: "os textos desta bitácora pódense copiar, pegar, manipular, distribuír e plaxiar. o autor non se fai responsábel de posíbeis impugnacións ou descualificacións que o resultado dos mencionados actos poidan recibir en premios literarios ou lides equivalentes".
Para falarmos, para lermos, para reflexionarmos, sobre blogues, sobre livros, sobre literaturas, sobre intervençom social...
Eu já digem, noutra ocassom, falando doutros temas, escrevendo noutros sítios, que a soluçom nom é olhar para outro lado.