01-10-2008

  16:04:54, por Lugris   , 352 palavras  
Categorias: Filmes, Cousas por cá, Gz é bem pequena

Fronteiras em Ponferrada

Vem-me de chegar um correio electrónico, que me informa de que hoje mesmo poderemos ver em Ponferrada o documental "Fronteiras". Será às 20.30 no auditório de Caixaespanha.
Assim que já sabedes... se podedes: ide!

Di o corrreio:

Fronteiras proxectarase hoxe no Festival de Cine de Ponferrada.
O documental Fronteiras, dirixido por Rubén Pardiñas, foi seleccionado na sección Kaleidoskopio do 6º Festival de Cine de Ponferrada, que se ven desenvolvendo na cidade berciana dende o 26 de setembro e até o 4 de outubro.
A proxección terá lugar no auditorio de Caja España ás 20:30 horas. A película vén de ser tamén seleccionada no 13º Festival de Cine Internacional de Ourense, onde se proxectará na sección Panorama Galicia o 14 de outubro.
Fronteiras é un polémico percorrido polos límites xeográficos e culturais galegos (dende a Terra Eo-Navia asturiana até o Norte de Portugal, pasando polo Bierzo leonés e as Portelas zamoranas) no que as rifas lingüísticas, as posicións irredentistas e a politización de moitos dos elementos que conforman a cultura arraiana nos amosan a forte ideoloxía agochada en institucións e disciplinas que decote consideramos obxectivas e/ou científicas.
O documental inclúe as intervencións tanto dos propios habitantes destas zonas estremeiras como a de especialistas da filoloxía, da política ou do mundo da cultura, como Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro Rivas, Ramón d´Andrés, Ana Cano, Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Bieito Romero. Producido por Pasacana Films, Fronteiras acadou en 2006 o Premio Xpréssate ao mellor proxecto de documental no II Festival Internacional de Documentais de Tui ´Play-Doc´.
Estreado no Play-Doc ´07 e adquirido pola Televisión de Galicia, a película participou, entre outros, no III Festival Internacional de Cinema Jovem de Santa Maria da Feira FEST 07 (Portugal, 2007), o 45º Festival Internacional de Cine de Xixón (2007), o 21º Cineuropa de Santiago de Compostela (2007), o V Documenta Madrid 08 ou a 40ª Muestra Cinematográfica del Atlántico Alcances 08 (Cádiz).

Graciñas pola difusión e un saúdo,

PASACANA FILMS

Sem comentários ainda