27-02-2008

  18:50:58, por Lugris   , 40 palavras  
Categorias: Escrever nom é mau, Abecedário, G

G

Genial gaiteiro, genuino galam, garrido guerreiro, generoso ganhador, Genaro Gonçalves, galego, galopava galhardos garanhons guanches

Full story »

26-02-2008

  16:23:34, por Lugris   , 189 palavras  
Categorias: Abecedário, S

S (II) Substancia sen sentido, por Besbe

Substancia sen sentido

Satélites soviéticos sostidos sobre soles. Son similar.
Son sospeitosa, son sílfide sideral, serena, silenciosa, semellando sorrir silvestremente, sosegada, sen sortellas, sen soldaduras. Soa, silabando silencios sinistros.

Sopeso sensacións sistemáticamente, sen saber se sospeitan, sen sentido, sen saber se son sobrevalorada, se satélites similares son suicidados, se son sacrílega, se saturo sentidos, se son?.se sinceiramente son sintagma.

Supuro solitario suicidio, si. Soporto sopor, sapos, serpes, suceden sinusoidais saciantes, suceden sinsabores, suceden simas sórdidas, sufócome, sublévome, subxúganme, subordínome. ?Succióname suicidio?, suplico.

Saberei ser substancia sen sentido?
Sempiterno salto. Solfeo. Si sostido, sonoro, Si, Si, Si, segue soando. Sónica soterrada, seductoras síntesis sentimentais, seguidamente sombras sensuais sobre sabas sedosas, semen salgado, saliva suorosa, sístoles sismográficas.
Sonámbula, sumérxome submisa. Sempre suxa. Sempre soa, sen sentido.

Saberei ser substancia sen sentido?
Si. Son so soma, semántica socorrida.
Son. Seino sen sabelo, sen soportalo.

Siloxismo: sáname, sacrifícame sádicamente, sepúltame seccionándome sépalos.

Sacro salto: sen sangrar, suspiro sílabas sensuais. Sabio, se soubeches saciarme.

Por Besbe

  16:20:18, por Lugris   , 115 palavras  
Categorias: Abecedário, N

N "Negar" por J.Gómez

Negar

Neguémos nomearnos necios!

Neguémonos! Namentras notables nautas
notifican nocivos naufraxios.

Nós, navallas no noxo nutridas,
noveles normalizados na nausea,
notorios nugalláns nados na nulidade,
noctámbulos nómadas na noite nus,
ninguneados netos neglixentes
neutralizados na neurastenia nai,
nidios nihilistas, nós,
nortearemos negruras neboentas
no novilunio nefasto.

Non necesitamos nardos nin ninfas núbiles,
non necesitamos nigromantes novidosos
nin nazarenos narcisistas

Necesitamos nadegádas nos nervios neurolóxicos,
necesitamos negar neste normalizado negror nocturno,
negar negando negociados necrófagos
negar nacendo
nacer negando.

*** por J.Gómez

Full story »

25-02-2008

  16:46:13, por Lugris   , 177 palavras  
Categorias: Abecedário, Abecedário Progressivo

Abecedário Progressivo (II) Bieito Penela

Achegóuseme brillando con delicadeza. Eu finxía grampar habituais informes. ?Jiana Kepler?, lin: ?Misión: Neutralizala. Observación: Procurar que regrese. Sospeita: Temémonos unha vil xogada.?

Zigzagueamos ata Beta Centauri. Debía espiala furtivamente, gabándoa hipocritamente. ?Información Jiana Kepler?, lin, ?mentireira, neglixente, ocupou prazas que rebordaban seu territorio. Utilizou vixilancias xerais zarapalleiras, acumulou burocracias controladoras discretas e fatigosos galanteos humillantes?.

Interpretei: Jiana Kepler localizou mortais nativos organizados, precursores, quizais racionalmente superiores. Trazou unha vixilancia xeral zoolóxica, actualizou bibliografías, catálogos de especies, fenomenoloxías, guías, historiografías...

Inconsciente Jiana Kepler, lamentabelmente maniática, namorouse, obtusa, perdidamente. Quérea raptar. Si, traizoar universais valores, xerando zarangalladas. ¡Anhela bicala con dozura...!

Envexábaa. Francamente. ¡Gran heroína iconoclasta!. Jiana Kepler ligara mortal, nativa, orgánica, pero que rebordaba simpatía, tenrura, utopía. ¡Valente xuvenil zuna!

Full story »

  16:36:16, por Lugris   , 52 palavras  
Categorias: Abecedário, F

F (II). Alf, Minus Bálido

fungo forcarei

funk finito de córdoba

fire fogos artificiais

filón fuck off

farándula

funambulismo fol

flecos e flocos

farfullar fanta

filomeno farra

farragoso

fletán fío

fatalidade

froita fonógrafo

folque feromona

fotosensible

fin

fuck you

fódete!

minus bálido (Oremos, A Regueifa plataforma 2007)

a l f

20-02-2008

  13:13:50, por Lugris   , 56 palavras  
Categorias: Escrever nom é mau, Abecedário, F

F

Fabriquemos falsas figuras frenéticas, folerpas foráneas, frutos fugitivos, flexíveis farrapos.
Fagamos fantásticos feitizos funerários, figas fúnebres, fluidos fornicantes, fulgurantes froalhos.
Fechemos fedorentas fábricas, fugitivos foxos, fuchicantes furunchos.

Full story »

19-02-2008

  20:13:45, por Lugris   , 81 palavras  
Categorias: Cousas por aí, Escrever nom é mau

A pintar bisontes...

Esta quinta-feira, dia 21 de Fevereiro, estarei na Corunha, no Centro On, de CaixaGaliza, para participar no ciclo "Pinte un bisonte na caverna, por favor".

Full story »

  19:41:14, por Lugris   , 190 palavras  
Categorias: Abecedário, M

M (Estíbaliz...)

MIL MONOS MARCHAN

Máis marcianos
Menos musas
Máis mutación medular manifesta
Menos mentiras maxistradas. Militares. Monárquicas. Mitradas
Máis máscaras mordaces
Máis malva matutino
Menos mans moinantes manipulando multitudes
Máis marusía, moita marusía
Menos mandaríns marcadamente mediáticos
Máis mutismo
Menos música metade mediocre metade merda
Máis metabolismo máxico
Menos mileuristas muxindo ministerios macrocéfalos
Menos magnates miserábeis
Máis Marilyn Monroe
Menos mínimos
Menos matrimonios
Máis Marlene, Matahari, Murasaki
Máis mímese
Menos morbo médico
Máis michos, máis meigallos
Máis Moebius, Miguelanxo, Modigliani
Máis máquinas milagreiras
Máis maelstrom, menos marines
Menos munición mellorando mutilacións
Menos medios maquiavelos
Máis mentiras mitolóxicas
Máis mais
Máis Marx
Menos mundo
Máis M31
Menos M30
Menos memorias, máis mnemosine
Menos mulleres mesmamente misóxinas
Máis migracións menos mortificantes
Máis moléculas mollando margaridas
Menos modestia moderna mixtificada
Máis monstros mariños
Máis Maruja Mallo
Menos mitins
Menos mal
Máis mimo
Máis misterio

E...E 2008

15-02-2008

  18:01:27, por Lugris   , 647 palavras  
Categorias: Cousas por aí, Cousas por cá, Estam tolos estes espanhois, Stop hipocrisia!

CONTRA A CAÇA ÀS BRUXAS EM COMPOSTELA

Alentada pola extrema direita espanhola, nas suas facçons política, meiática e universitaria, começou a caça às bruxas. Ou melhor dito: mais umha vez, pom-se em marcha a caça às bruxas contra tudo aquilo que se afaste do seu ideal, do seu ideário de ?Orden, Dios y Patria?.

Full story »

  16:38:46, por Lugris   , 170 palavras  
Categorias: Escrever nom é mau, Bi-lhei

Mais poemas de bi-lhei.

Ritmo
Poesia postpoesia
Melodia transmelodia
Com esta rima
a música e a energia...

A senda do teu perfume
sobrevoava aquele humilde quarto do operário
que continuava a fazer parte
do sindicato dos pobres
com a certeza de que
os pequenos alquimistas vivem à margem das galas

Com as palavras que nunca dixemos
de pé baixo do pont-neuf
caminho sobre os passos do inverno e busco um oco
De que me valem agora as palavras
Eu levava cento e vinte dias repetindo o seu nome de seda
doem-me os pés
de manter o equilíbrio

Full story »

<< 1 ... 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 ... 44 >>