
Achegóuseme brillando con delicadeza. Eu finxía grampar habituais informes. “Jiana Kepler”, lin: “Misión: Neutralizala. Observación: Procurar que regrese. Sospeita: Temémonos unha vil xogada.”
Zigzagueamos ata Beta Centauri. Debía espiala furtivamente, gabándoa hipocritamente. “Información Jiana Kepler”, lin, “mentireira, neglixente, ocupou prazas que rebordaban seu territorio. Utilizou vixilancias xerais zarapalleiras, acumulou burocracias controladoras discretas e fatigosos galanteos humillantes”.
Interpretei: Jiana Kepler localizou mortais nativos organizados, precursores, quizais racionalmente superiores. Trazou unha vixilancia xeral zoolóxica, actualizou bibliografías, catálogos de especies, fenomenoloxías, guías, historiografías...
Inconsciente Jiana Kepler, lamentabelmente maniática, namorouse, obtusa, perdidamente. Quérea raptar. Si, traizoar universais valores, xerando zarangalladas. ¡Anhela bicala con dozura...!
Envexábaa. Francamente. ¡Gran heroína iconoclasta!. Jiana Kepler ligara mortal, nativa, orgánica, pero que rebordaba simpatía, tenrura, utopía. ¡Valente xuvenil zuna!

A bigorna cantava de energía. Falava grandes hábitos imortais jogando lâminas, mecânicas notas ou partituras quentes. Rangiam sinfonias tortuosas unicordes, vívidos xilofones zangados.
Eugénio Outeiro