Aló polo 26 de decembro do 2011 nace o clube de lectura de Bretoña, fruto da semente que a Pega trouxo no bico, e non secou nin lle fixo falta abono, pois seguimos adiante, iso sí, paseniñamente, como se cociña un bon xantar.
Empezamos só con xente do propio pobo, invitamos a quen queira a que se una a este magnífico proxecto, sexan de onde sexan, e según nos van coñecendo vaisenos unindo xente, entre eles, o alcalde, e tamén o escritor Paco Martín, que na sua honra puxémoslle de nome ao clube: Clube de Lectura Paco Martín. É un clube formado por xente moi diversa, tanto en idade como en ideas e isto fai que as xuntanzas sexan interesantes e divertidas.
O primeiro libro que escollemos é O club da calceta, de María Rimóndez, e que aínda estamos lendo (xa dixen que aquí vaise amodiño) e entre outras actividades programadas, temos a intención de remata-lo cunha visita de María e o visionado da película. Tamén hai algún membro do clube que está calcetando.
A próxima obra aínda non a decidimos, pero polo medio meteremos algún conto do libro ?O Conto Brasileiro Comtemporâneo?, un novo reto para o noso clube.