Na noite da passada sexta-feira fum tomar qualquer cousa ao Maria Castanha. Entre as publicaçons que havia no bem sortido revisteiro do famoso cenáculo compostelano encontrei, recém saído a lume, o último número (Nº 113, Outubro de 2006) da Revista Mensal de Informaçom para o Debate Tempos Novos.
Como cada dous números/meses, neste número/mês a ilustraçom dos Dias Soltos do Bieito Iglesias é minha.
De maneira bastante livre, digamos, a minha ilustraçom (pág. 81) fai referência aos seguintes dous dias bieito-eclesiásticos:
Setembro 12
DOSES
O pulso da cidade latexa en Marqués de Larios. Nas marxes deste paseo concéntranse restaurantes caros (por algo as orixes de Málaga se remontan aos fenicios) e de vulgarísimo paladar. As postas ou doses son raquíticas e a ementa tópica: gaspacho, peixe fritido, raxo de porco...Somente na rúa de Chinitas puden remoer un peixe espada saboroso precedido, por desgraza, desa auga-chirla con uvas pasas que chaman allo-branco. Pola noite fruín unha sesión de xazz na terraza dun hotel e fun aloumiñado polo doce clima local. Unha verdadeira beizón pró oído, despois de aturar músicos rueiros de monótona banda sonora: 'Moliendo café' e 'O sole mio', non os quites de aí.
Setembro 24
PANORAMA
O furacán 'Gordon' trouxo tras de si un corroverás de torbós. En frente, nas Hortas que contemplo desde a miña xanela, os bancos dunha 'instalación artística' pagada con diñeiro público din tristísimos sen ninguén que sente neles e ensopados de chuvia. A 'artista' disque quería crear un espazo de discusión sobre os usos ...da Cidade da Cultura! Unhos operarios instaláronos no verao (pra morreren coa raxeira!), e inmediatamente vimos como os escanos eran ocupados por mozotes chimpavasos amigos do 'botellón'. Admitindo, coas tendencias posmodernas, que arte é todo canto se declara como tal, agradezo artisticidade tanta ao pé da porta. Nun deses botellós, certo rapeiro logrou rimar 'rodilla' con 'Sevilla'.
Escrito em 16-10-2006,
na categoria: COLABORAÇÕES HABITUAIS:, Tempos Novos
|
“Colonialismo
Não passará
Imperialismo
Não passará
Veio da mata
Um homem novo
Do M.P.L.A.”
(Zeca Afonso)
Com profunda emoçom observo no ClustrMapamundi que no dia de hoje, 16 de Outubro de 2006, segunda-feira, acabo de receber a primeira visita desde um dos PALOPs (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa). Desde Angola, capital Luanda, concretamente.
Seja bem-vinda/o, cara/o irmã/irmão, a Angueira de Suso, o sítio do Suso Sanmartin na blogosfera armilar!!! ;-p
Comentários recentes