A data de inscrição fica aberta até o dia 15 de Maio às 24:00 h. (GMT) e a inscrição confirmar-se-á através duma mensagem de resposta para o endereço-e de contacto indicado.
A premiação estabelecida consiste num prémio de 275 euros para a melhor obra em cada categoria (textos escritos e arquivos sonoros), tirado daí as despesas necessárias para fazer a entrega efectiva do prémio ao ganhador/es.
(p. ex. tramitação bancária).
Saudações cordiais,
Assoc. VOGAL (Viveiro e Observatório das Galescolas)
As Galescolas da VOGAL seriam incialmente multilingues:
Galego (português): Língua falada por 220 milhões de pessoas em quatro continentes no mundo.
Inglês e também castelhano.
Saudações
]]>Non sei se este é o mellor sitio para deixar o meu comentario pero nembargantes ahi vai.
Dentro de pouco tempo vou ter un fillo e a miña idea inicial era que a sua nai lle falase en castelán e eu en galego, despois de rexeitar a idea de falarlle en inglés (moito esforzo e tampouco é que o meu acento sexa o da BBC).
Finalmente teño que dicirvos que rexeitei a opcion do galego cando oin falar das galego escolas. ¿Que sentido teñen? Falar galego está moi ben (eu mesmo o falo e estou moi orgulloso de facelo) pero de ahi a que tódalas clases sexan en galego… ¿Non tería mais sentido que de ter que ser todas nun idioma fosen en inglés? Coincidiredes conmigo en que lle iba resultar moito máis útil. Có galego poderá chegar ó Cebreiro, pero có inglés poderá ir polo mundo adiante. ¿A onde lle vai levar falar tan ben tanto galego?
En vez de intentar abrir Galiza ó mundo parece que intentamos manter esa situación de illamento que arrastramos dende fai séculos.
Este é o meu punto de vista. Agradecería calqueira comentario que me faga cambiar de opinión.
Moitas gracias.
]]>