A associaçom Xebra! adire-se ao comunicado que mais de 20 coletivos, organizaçons políticas,
associaçons ecologistas, feministas, juvenis e culturais e sindicatos fixerom público hoje.
Contra a brutalidade represiva do Estado
Pola soberanía nacional de Galiza
1º Rechazamos a brutalidade represiva do Estado español que se evidencia na sentenza ditada
onte contra catro independentistas galeg@s. Condenalos a penas de 10 e 18 anos de prisión
é unha barbaridade represiva dun punto de vista democrático perpetrada por un tribunal que
carece das máis mínimas garantías xurídicas esixíbeis e realiza xuízos políticos.
É significativa esta contundencia penal contra quen defenden un lexítimo ideario político,
mentres ladróns de garavata, corruptos, saqueadores do erario público,
incendiarios organizados, etc. campan ás súas anchas.
2º A creación xurídica, por parte da Audiencia Nacional,
dunha suposta ?organización terrorista? a operar en Galiza é,
en mans dun Estado obsesionado coa súa propia ?integridade territorial?
e coa criminalización e persecución dos procesos soberanistas,
un instrumento represivo de primeira orde que levanta a veda para
criminalizar e penalizar organizacións sociais e políticas de signo nacionalista,
contradí as explicacións dadas polas persoas condenadas durante o xuízo e é contraria
ao sentir absolutamente maioritario da sociedade galega. Con esta sentenza,
encontrámonos ante a importación para Galiza da antidemocrática Ley de Partidos.
3º Valoramos que esta sentenza, que evidencia o trunfo das teses mais regresivas para unha
abordaxe en termos penais e policiais das posicións soberanistas,
é unha sentenza política e pretende abrir as portas para a criminalización das persoas
e organizacións que reivindicamos lexitimamente a soberanía nacional do noso país e
a solidariedade coas persoas presas.
4º Chamamos á sociedade galega a concentrarse hoxe ás 20:00 h. en rexime de
auto-convocatoria nas vilas e cidades do noso país para expresar o noso rechazo frontal
a este salto cualitativo que, coa sentenza de Madrid, acaba de dar a represión política.
Hoxe, a solidariedade, por riba de siglas e de diferencias políticas e ideolóxicas,
é unha obriga de calquer demócrata frente a un Estado corrupto e antidemocrático que avanza
nun proceso constante de fascistización. Neste sentido, animamos á sociedade galega
a estar pendente das próximas convocatorias solidarias que se realizarán.