Nestas II Xornadas de Cultura, Língua e Ensino queremos seguir coñecendo formas de aprender na escola... Aprender dende a nosa lingua, coa nosa lingua e para chegar a outras linguas.
Unha lingua máxica, real, sen fronteiras, que permite unir e recibir ás xentes de aquí e de acolá; que permite comunicarse, expresarse, sentir, soñar, pensar a través da música, da internete, do teatro, dos títeres, da banda desenhada..., da palabra bem falada.
A escola deve abrir-se a todas as manifestacións da cultura, sem preconceitos, sem mais limites que o valor e o interesse didáctico das propostas culturais. Unha escola viva, aberta ten que escoitar e facerse eco do que pasa ao seu redor...
Por iso pensamos que estas xornadas servirán aos presentes e a futuros ensinantes, da man de importantes persoeiros da cultura galega, para recibir novas ou vellas formas de APRENDER A ENSINAR.
Programa:
9 de Febreiro
15h30 Abertura das Xornadas.
16h00 - Quico Cadaval.
Autor teatral, actor e conta-contos.
O conto e outras prácticas orais.17h30 - José-Martinho Montero Santalha e Lourdes Carita.
Profesor e profesora.
Por que tarda o meu amigo?20h00 - Actividade teatral: "O pior de Mofa e Befa".
O prezo das entradas é de 5 euros. Para as adquirir, pódese facer na Faculdade de Ciencias da Educación: martes e mércores de 10:30 a 13:00 no Gabinete P1A2; luns, martes e mércores de 8:30 a 9:00 e de 15:00 a 16:00 no Gabinete PB17.
10 de Febreiro
10h00 - imaxin|software.
Desenvolvemento de servizos e solucións software.
Recursos Web e aplicacións para o ensino.12h00 - Comba Campoi.
Jornalista.
Barriga Verde, un títere de filme.16h00 - Pepe Carreiro.
Escritor, debuxante e ilustrador.
Banda Deseñada, Historia e Escola.17h30 - Xurxo Souto.
Músico, escritor e actor.
O Acordeón de Antwerp. Xeografía xeral do mar da Galiza.19h00 - A minha embala (dueto musical).
Aline Frazão (Angola) e César Herranz (Segovia).
Galego Mundial.
Descarregar díptico en Galego ILG-RAG [PDF]
Descarregar cartaz en Galego ILG-RAG [PDF]
Para se inscribir:
O prazo de inscrición acaba o dia 07 de febreiro, incluído este dia.
Envie un e-mail para xornadas2011@agal-gz.org con o asunto: Xornadas e indíquenos o seu nome completo e o número do Documento de Identidade.
A inscrición é totalmente gratuita.
http://www.agal-gz.org
http://www.udc.es
II Xornadas de Cultura, Lingua e Ensino
Galego sen fronteiras. Didácticas do plural
A Coruña 2011
Facultade de Ciencias da Educación
9 e 10 de febreiro
Diploma do Departamento de Didácticas Específicas por 16 horas
Recoñecido con 1 crédito de libre configuración
Prazo de inscrición
Até o dia 7 de febreiro
Comisión organizadora
Montse Castro
Xulio Pardo de Neyra
Valentim R. Fagim
Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 19h00.
Concerto falado d'A minha embala, paseando en acústico polos sons e ritmos da lusofonia atlántica - do samba ao batuku.
Acerca d'A minha embala
A minha embala é un proxecto de Aline Frazão (voz, guitarra) e César Herranz (frauta transversal, percursión), ao encontro das expresións musicais dos distintos países de lingua portuguesa. Movemonos no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza, cantando en portugués, crioulo, kimbundu e umbundu.
Data e hora da actividade: 10 de febreiro, 17h30.
Lingua mariñeira, galego de mareantes que dá nome e torna súas as mil ribeiras da arribada. Xurxo Souto quere propornos unha viaxe a través da xeografía desa lingua navegante que teceu a xente do mar entre os peiraos da Galiza e os remotos portos onde nos levarían fortunas e infortunios da nosa historia.
Biografia de Xurxo Souto
Líder e vocalista da banda de rock Os diplomáticos de Monte-Alto entre 1990-2001, fundador do grupo musical Os 3 Trebóns, actor en séries como Mareas Vivas ou telefilmes como Entre bateas, director e locutor de rádio (A tropa da tralla, Aberto por reformas, Mil ribeiras), autor de libros como A tralla e a arroutada, Xerais, Fumareu, O retorno dos homes mariños, Contos da Coruña, Tres trebóns, articulista recoñecido.
Data e hora da actividade: 10 de febreiro, 16h00.
Con base na súa longa experiencia nas escolas galegas, Pepe Carreiro mostrará a utilidade didáctica do debuxo para a transmisióm de saberes, ilustrando a súa exposición con exemplos prácticos sobre a representación gráfica do tempo histórico, os seus espazos e protagonistas, os procesos de criación da banda deseñada, a ilustración de libros, etc.
Biografía de Pepe Carreiro
Escritor, debuxante e ilustrador, Pepe Carreiro é autor de series tan exitosas como Os Bolechas, Os Formigón e Os Pequenos Barbanzóns (esta en colaboración con Abraham Carreiro); assin como de contos dirixidos fundamentalmente ao público infantil: Contos do Miño, Árbore, A chalupa, etc.
Fundador das revistas de humor Can sen Dono e XO! ", autor de: Fraga na Galiza e Mellor que onte, pero mellor que mañán, Pepe Carreiro colaborou en diferentes meios e como debuxante e guionista de banda deseñada publicou tres álbuns da série Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore.
Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 12h00.
O último representante do teatro popular de títeres na Galiza foi un primo de Don Cristovo, a personaxe a que os cegos monifrateiros deron vida polas feiras do pais, séculos atrás. Mais garda tamén parentesco co Don Roberto, outro títere de luva, brigador e irreverente, que entretinha os nenos e os adultos nos parques do Porto até principios do século XX. Detrás de Barriga Verde estaba unha familia de feirantes que levou o seu espectáculo de varietés a través das feiras galegas entre 1919 e 1963. Agora un documental tenta recuperar esa historia que aínda está viva na lembranza de muitas crianzas daqueles anos.
Biografía de Comba Campoi
Comba Campoy é xornalista. Traballou tamén como actriz de cinema e de teatro, e desa experiencia nace o seu interese polo mundo audiovisual. Na actualidade compagina o seu traballo na revista Tempos Novos coa produción do documental Nos mundos de Barriga Verde e coa súa produtora, Tintimán Audiovisual. Está tamén a preparar a súa tese de doutoramento, arredor precisamente do teatro popular de títeres na Galiza.
Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 10h00.
Conferencia orientada á formación en novas tecnoloxías aplicadas á educación, formación e comunicación, onde as ferramentas da Web 2.0 terán especial relevancia.
O obxectivo que se quere acadar é dotar ao alumnado de recursos que lles permitan dinamizar as súas aulas mediante a utilización de novas tecnoloxías, así como coñecer as características e beneficios docentes das ferramentas da web colaborativa.
Analizaranse as características do software social e as súas posibilidades de integración nos escenarios formativos, centrándonos na presentación das principais tipoloxías de ferramentas Web 2.0: tecnoloxías que permiten crear, modificar, publicar e promover a interacción entre as persoas na rede.
Professorado
Luz Castro. Directora do departamento de multimedia de imaxin|sofware. Docente da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
Silvia López. Pedagoga do equipo de multimedia de imaxin|sofware.
Empresa
imaxin|software é unha empresa galega nacida no ano 1997, líder na Galiza no desenvolvemento de productos altamente especializados, fundamentalmente nas áreas de Enxeñería lingüística, Edición electrónica, Productos culturais e educativos, Formación, Multimedia e Web.
imaxin|software centra a súa innovación na enxeñería informática e multimedia, con ampla experiencia na implementación e desenvolvemento tanto de ferramentas lingüístico-computacionais para linguas como o galego como desenvolvementos educativos e formativos en formato multimedia e Internet.A alta calidade dos nosos productos valeunos o título de Vendor de Microsoft Corporation, isto é, empresa seleccionada por Microsoft para implementar software específico para as súas aplicacións Windows.
Data e hora da actividade: 9 de febreiro, 17h30.
Ponte... nas ondas!:
- Unha experiencia pedagóxica entre escolas das dúas marxes do Miño;
- A Galiza e o Norte de Portugal, por iniciativa das escolas de Ponte?nas ondas! encaran e valorizan unha cultura ancestral común que deciden presentar a candidatura ao recoñecemento, pola UNESCO, como Patrimonio da Humanidade;
- Cores do Atlântico, un libro-disco que propom umha nova perspetiva e umha nova lectura, sobre as máis antigas e auténticas composiçons poéticas galego-portuguesas ? as Cantigas de Amigo.
Biografia de Lourdes Carita
Na súa condición de Formadora de Profesores, Lourdes Carita ministrou diversos cursos no Centro de Formación do Alto Miño. É editora do manuscrito inédito da viaxe que Fialho de Almeida realizou á Galiza en 1905 (editado na Galiza por Ed. Laiovento e reeditado en Lisboa en 2001), e é tamén autora da obra Falsos Amigos entre o Português e o Espanhol e co-autora da Histoire de la Littérature Européenne (Hachette, Paris, 1992).
Como representante da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... Nas Ondas!, desenvolveu diversos traballos con vista á Proclamación, pola UNESCO, das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, como Patrimonio Imaterial da Humanidade.
Data e hora da actividade: 9 de febreiro, 16h00.
O conto e outras prácticas orais, quere falar, unha vez máis, da relación entre o contador e o auditorio, as imaxes que se provocan no conto oral, o pacto tradicional, os mecanismos de verosimillanza, e como se transforma no fenómeno actual da teatralización do conto en espazos convencionais e transformados, por outras palabras, bares e espazos culturais.
Biografía de Quico Cadaval
Nacido en Ribeira no 1960. É autor teatral de allea inspiración, actor inxustamente subvalorizado e director de teatro dalgún logro. É coñecido como contador de historias, oficio con que representou a RIBEIRA en diversos foros internacionais, como Bucaramanga (Colombia), Guadalajara (España) e Beja (Portugal). É compañeiro de viaxe de Mofa&Befa e traballou no programa de TV, apaga a luz.