« Banda Deseñada, Historia e Escola | Recursos Web e aplicacións para o ensino » |
Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 12h00.
O último representante do teatro popular de títeres na Galiza foi un primo de Don Cristovo, a personaxe a que os cegos monifrateiros deron vida polas feiras do pais, séculos atrás. Mais garda tamén parentesco co Don Roberto, outro títere de luva, brigador e irreverente, que entretinha os nenos e os adultos nos parques do Porto até principios do século XX. Detrás de Barriga Verde estaba unha familia de feirantes que levou o seu espectáculo de varietés a través das feiras galegas entre 1919 e 1963. Agora un documental tenta recuperar esa historia que aínda está viva na lembranza de muitas crianzas daqueles anos.
Biografía de Comba Campoi
Comba Campoy é xornalista. Traballou tamén como actriz de cinema e de teatro, e desa experiencia nace o seu interese polo mundo audiovisual. Na actualidade compagina o seu traballo na revista Tempos Novos coa produción do documental Nos mundos de Barriga Verde e coa súa produtora, Tintimán Audiovisual. Está tamén a preparar a súa tese de doutoramento, arredor precisamente do teatro popular de títeres na Galiza.