« Barriga Verde, un títere de filme | Por que tarda o meu amigo? » |
Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 10h00.
Conferencia orientada á formación en novas tecnoloxías aplicadas á educación, formación e comunicación, onde as ferramentas da Web 2.0 terán especial relevancia.
O obxectivo que se quere acadar é dotar ao alumnado de recursos que lles permitan dinamizar as súas aulas mediante a utilización de novas tecnoloxías, así como coñecer as características e beneficios docentes das ferramentas da web colaborativa.
Analizaranse as características do software social e as súas posibilidades de integración nos escenarios formativos, centrándonos na presentación das principais tipoloxías de ferramentas Web 2.0: tecnoloxías que permiten crear, modificar, publicar e promover a interacción entre as persoas na rede.
Professorado
Luz Castro. Directora do departamento de multimedia de imaxin|sofware. Docente da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
Silvia López. Pedagoga do equipo de multimedia de imaxin|sofware.
Empresa
imaxin|software é unha empresa galega nacida no ano 1997, líder na Galiza no desenvolvemento de productos altamente especializados, fundamentalmente nas áreas de Enxeñería lingüística, Edición electrónica, Productos culturais e educativos, Formación, Multimedia e Web.
imaxin|software centra a súa innovación na enxeñería informática e multimedia, con ampla experiencia na implementación e desenvolvemento tanto de ferramentas lingüístico-computacionais para linguas como o galego como desenvolvementos educativos e formativos en formato multimedia e Internet.A alta calidade dos nosos productos valeunos o título de Vendor de Microsoft Corporation, isto é, empresa seleccionada por Microsoft para implementar software específico para as súas aplicacións Windows.