AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Actividades BASENAME: actividades-2 DATE: Mon, 17 Jan 2011 16:33:34 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Actividades CATEGORY: TAGS: ----- BODY:

Nestas II Xornadas de Cultura, Língua e Ensino queremos seguir coñecendo formas de aprender na escola... Aprender dende a nosa lingua, coa nosa lingua e para chegar a outras linguas.

Unha lingua máxica, real, sen fronteiras, que permite unir e recibir ás xentes de aquí e de acolá; que permite comunicarse, expresarse, sentir, soñar, pensar a través da música, da internete, do teatro, dos títeres, da banda desenhada..., da palabra bem falada.

A escola deve abrir-se a todas as manifestacións da cultura, sem preconceitos, sem mais limites que o valor e o interesse didáctico das propostas culturais. Unha escola viva, aberta ten que escoitar e facerse eco do que pasa ao seu redor...

Por iso pensamos que estas xornadas servirán aos presentes e a futuros ensinantes, da man de importantes persoeiros da cultura galega, para recibir novas ou vellas formas de APRENDER A ENSINAR.

Programa:

9 de Febreiro

15h30 Abertura das Xornadas.

16h00 - Quico Cadaval.
Autor teatral, actor e conta-contos.
O conto e outras prácticas orais.

17h30 - José-Martinho Montero Santalha e Lourdes Carita.
Profesor e profesora.
Por que tarda o meu amigo?

20h00 - Actividade teatral: "O pior de Mofa e Befa".

O prezo das entradas é de 5 euros. Para as adquirir, pódese facer na Faculdade de Ciencias da Educación: martes e mércores de 10:30 a 13:00 no Gabinete P1A2; luns, martes e mércores de 8:30 a 9:00 e de 15:00 a 16:00 no Gabinete PB17.

10 de Febreiro

10h00 - imaxin|software.
Desenvolvemento de servizos e solucións software.
Recursos Web e aplicacións para o ensino.

12h00 - Comba Campoi.
Jornalista.
Barriga Verde, un títere de filme.

16h00 - Pepe Carreiro.
Escritor, debuxante e ilustrador.
Banda Deseñada, Historia e Escola.

17h30 - Xurxo Souto.
Músico, escritor e actor.
O Acordeón de Antwerp. Xeografía xeral do mar da Galiza.

19h00 - A minha embala (dueto musical).
Aline Frazão (Angola) e César Herranz (Segovia).
Galego Mundial.

Descarregar díptico en Galego ILG-RAG [PDF]

Descarregar cartaz en Galego ILG-RAG [PDF]

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Inscricións BASENAME: inscricions DATE: Mon, 17 Jan 2011 16:18:51 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Inscricións CATEGORY: TAGS: ----- BODY:

Para se inscribir:

O prazo de inscrición acaba o dia 07 de febreiro, incluído este dia.

Envie un e-mail para xornadas2011@agal-gz.org con o asunto: Xornadas e indíquenos o seu nome completo e o número do Documento de Identidade.

A inscrición é totalmente gratuita.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Organización BASENAME: organizacion DATE: Mon, 17 Jan 2011 16:13:57 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Organización CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



http://www.agal-gz.org



http://www.udc.es

II Xornadas de Cultura, Lingua e Ensino

Galego sen fronteiras. Didácticas do plural

A Coruña 2011

Facultade de Ciencias da Educación

9 e 10 de febreiro

Diploma do Departamento de Didácticas Específicas por 16 horas

Recoñecido con 1 crédito de libre configuración

Prazo de inscrición

Até o dia 7 de febreiro

Comisión organizadora

Montse Castro

Xulio Pardo de Neyra

Valentim R. Fagim

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Galego Mundial BASENAME: galego-mundial-1 DATE: Mon, 17 Jan 2011 15:59:59 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



A minha embala

Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 19h00.

Concerto falado d'A minha embala, paseando en acústico polos sons e ritmos da lusofonia atlántica - do samba ao batuku.

Acerca d'A minha embala

A minha embala é un proxecto de Aline Frazão (voz, guitarra) e César Herranz (frauta transversal, percursión), ao encontro das expresións musicais dos distintos países de lingua portuguesa. Movemonos no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza, cantando en portugués, crioulo, kimbundu e umbundu.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: O Acordeón de Antwerp. Xeografía xeral do mar da Galiza BASENAME: o-acordeon-de-antwerp-xeografia-xeral-do-mar-da-galiza DATE: Mon, 17 Jan 2011 15:36:20 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



Xurxo Souto

Data e hora da actividade: 10 de febreiro, 17h30.

Lingua mariñeira, galego de mareantes que dá nome e torna súas as mil ribeiras da arribada. Xurxo Souto quere propornos unha viaxe a través da xeografía desa lingua navegante que teceu a xente do mar entre os peiraos da Galiza e os remotos portos onde nos levarían fortunas e infortunios da nosa historia.

Biografia de Xurxo Souto

Líder e vocalista da banda de rock Os diplomáticos de Monte-Alto entre 1990-2001, fundador do grupo musical Os 3 Trebóns, actor en séries como Mareas Vivas ou telefilmes como Entre bateas, director e locutor de rádio (A tropa da tralla, Aberto por reformas, Mil ribeiras), autor de libros como A tralla e a arroutada, Xerais, Fumareu, O retorno dos homes mariños, Contos da Coruña, Tres trebóns, articulista recoñecido.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Banda Deseñada, Historia e Escola BASENAME: banda-desenada-historia-e-escola DATE: Mon, 17 Jan 2011 15:33:48 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



Pepe Carreiro

Data e hora da actividade: 10 de febreiro, 16h00.

Con base na súa longa experiencia nas escolas galegas, Pepe Carreiro mostrará a utilidade didáctica do debuxo para a transmisióm de saberes, ilustrando a súa exposición con exemplos prácticos sobre a representación gráfica do tempo histórico, os seus espazos e protagonistas, os procesos de criación da banda deseñada, a ilustración de libros, etc.

Biografía de Pepe Carreiro

Escritor, debuxante e ilustrador, Pepe Carreiro é autor de series tan exitosas como Os Bolechas, Os Formigón e Os Pequenos Barbanzóns (esta en colaboración con Abraham Carreiro); assin como de contos dirixidos fundamentalmente ao público infantil: Contos do Miño, Árbore, A chalupa, etc.

Fundador das revistas de humor Can sen Dono e XO! ", autor de: Fraga na Galiza e Mellor que onte, pero mellor que mañán, Pepe Carreiro colaborou en diferentes meios e como debuxante e guionista de banda deseñada publicou tres álbuns da série Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Barriga Verde, un títere de filme BASENAME: barriga-verde-un-titere-de-filme DATE: Mon, 17 Jan 2011 14:48:41 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



Comba Campoi

Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 12h00.

O último representante do teatro popular de títeres na Galiza foi un primo de Don Cristovo, a personaxe a que os cegos monifrateiros deron vida polas feiras do pais, séculos atrás. Mais garda tamén parentesco co Don Roberto, outro títere de luva, brigador e irreverente, que entretinha os nenos e os adultos nos parques do Porto até principios do século XX. Detrás de Barriga Verde estaba unha familia de feirantes que levou o seu espectáculo de varietés a través das feiras galegas entre 1919 e 1963. Agora un documental tenta recuperar esa historia que aínda está viva na lembranza de muitas crianzas daqueles anos.

Biografía de Comba Campoi

Comba Campoy é xornalista. Traballou tamén como actriz de cinema e de teatro, e desa experiencia nace o seu interese polo mundo audiovisual. Na actualidade compagina o seu traballo na revista Tempos Novos coa produción do documental Nos mundos de Barriga Verde e coa súa produtora, Tintimán Audiovisual. Está tamén a preparar a súa tese de doutoramento, arredor precisamente do teatro popular de títeres na Galiza.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Recursos Web e aplicacións para o ensino BASENAME: recursos-web-e-aplicacions-para-o-ensino DATE: Mon, 17 Jan 2011 13:54:28 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



O corrector de galego imaxin galgo® é un producto de imaxin para a
Consellaría da Educación e Ordenación Universitaria

Dia e hora da actividade: 10 de febreiro, 10h00.

Conferencia orientada á formación en novas tecnoloxías aplicadas á educación, formación e comunicación, onde as ferramentas da Web 2.0 terán especial relevancia.

O obxectivo que se quere acadar é dotar ao alumnado de recursos que lles permitan dinamizar as súas aulas mediante a utilización de novas tecnoloxías, así como coñecer as características e beneficios docentes das ferramentas da web colaborativa. 

Analizaranse as características do software social e as súas posibilidades de integración nos escenarios formativos, centrándonos na presentación das principais tipoloxías de ferramentas Web 2.0: tecnoloxías que permiten crear, modificar, publicar e promover a interacción entre as persoas na rede. 

Professorado

Luz Castro. Directora do departamento de multimedia de imaxin|sofware. Docente da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña. 

Silvia López. Pedagoga do equipo de multimedia de imaxin|sofware.

Empresa

imaxin|software é unha empresa galega nacida no ano 1997, líder na Galiza no desenvolvemento de productos altamente especializados, fundamentalmente nas áreas de Enxeñería lingüística, Edición electrónica, Productos culturais e educativos, Formación, Multimedia e Web.
 
imaxin|software centra a súa innovación na enxeñería informática e multimedia, con ampla experiencia na implementación e desenvolvemento tanto de ferramentas lingüístico-computacionais para linguas como o galego como desenvolvementos educativos e formativos en formato multimedia e Internet.

A alta calidade dos nosos productos valeunos o título de Vendor de Microsoft Corporation, isto é, empresa seleccionada por Microsoft para implementar software específico para as súas aplicacións Windows.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: Por que tarda o meu amigo? BASENAME: por-que-tarda-o-meu-amigo-1 DATE: Mon, 17 Jan 2011 13:44:59 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



Ponte nas Ondas! experiencia educativa entre a Galiza e o norte de Portugal

Data e hora da actividade: 9 de febreiro, 17h30.

Ponte... nas ondas!:

- Unha experiencia pedagóxica entre escolas das dúas marxes do Miño;

- A Galiza e o Norte de Portugal, por iniciativa das escolas de Ponte?nas ondas! encaran e valorizan unha cultura ancestral común que deciden presentar a candidatura ao recoñecemento, pola UNESCO, como Patrimonio da Humanidade;

- Cores do Atlântico, un libro-disco que propom umha nova perspetiva e umha nova lectura, sobre as máis antigas e auténticas composiçons poéticas galego-portuguesas ? as Cantigas de Amigo.

Biografia de Lourdes Carita

Na súa condición de Formadora de Profesores, Lourdes Carita ministrou diversos cursos no Centro de Formación do Alto Miño. É editora do manuscrito inédito da viaxe que Fialho de Almeida realizou á Galiza en 1905 (editado na Galiza por Ed. Laiovento e reeditado en Lisboa en 2001), e é tamén autora da obra Falsos Amigos entre o Português e o Espanhol e co-autora da Histoire de la Littérature Européenne (Hachette, Paris, 1992).

Como representante da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... Nas Ondas!, desenvolveu diversos traballos con vista á Proclamación, pola UNESCO, das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, como Patrimonio Imaterial da Humanidade.

----- -------- AUTHOR: Lourenço Peres TITLE: O conto e outras prácticas orais BASENAME: o-conto-e-outras-practicas-orais DATE: Mon, 17 Jan 2011 13:40:00 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Participantes CATEGORY: TAGS: ----- BODY:



Quico Cadaval

Data e hora da actividade: 9 de febreiro, 16h00.

O conto e outras prácticas orais, quere falar, unha vez máis, da relación entre o contador e o auditorio, as imaxes que se provocan no conto oral, o pacto tradicional, os mecanismos de verosimillanza, e como se transforma no fenómeno actual da teatralización do conto en espazos convencionais e transformados, por outras palabras, bares e espazos culturais.

Biografía de Quico Cadaval

Nacido en Ribeira no 1960. É autor teatral de allea inspiración, actor inxustamente subvalorizado e director de teatro dalgún logro. É coñecido como contador de historias, oficio con que representou a RIBEIRA en diversos foros internacionais, como Bucaramanga (Colombia), Guadalajara (España) e Beja (Portugal). É compañeiro de viaxe de Mofa&Befa e traballou no programa de TV, apaga a luz.

----- --------