Na introduçom das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega (2ª ediçom, 1971) pode-se ler:

A actual ortografía galega, como non podía menos de suceder, formóuse sobre a castelá, unica que os galegos aprendían nas escolas ao tempo que o Renacimento das nosas letras creóu a necesidade dunhas normas da espresión escrita. Esta ortografía víuse obrigada a se afastar do seu modelo no caso dos fonemas consonánticos inesistentes no español oficial. Os intentos de estender estas innovacións aos fonemas vocálicos, tropezaron con dificuldades que adiaron a solución do problema. Outras custións de menos importancia foron tratadas de diversos xeitos; pero as solucións en competencia foron unificándose como consecuencia do contraste práctico, e así chegamos á situación actual. Ésta preséntanos unha ortografía susceptíbel de perfeición, xa que non reflexa con suficiente precisión o vocalismo galego, e amosa algunha outra impropriedade como consecuencia de non ter xurdido naturalmente do fonetismo da fala, senón como unha adaptación da ortografía de outra lingua. Aínda con esas chatas, ten a ventaxa de ser de doada asimilación para todo aquel que coñeza a ortografía oficial, é decir, para todo galego non analfabeto; a ventaxa de vir funcionando desde hai tempo, de xeito que a xente adquiríu o hábito da mesma; a ventaxa, afinal, de non escluir pola sua natureza reformas futuras inspiradas polas peculiaridades do galego, xa que a pronuncia do castelán moderno e do galego moderno son suficientemente afíns para que calquer rexistro de distinción poida ser estabelecido sen necesidade dunha alteración total do sistema.

QR Code
QR Code pt_agal:teoria:reconhecem (generated for current page)