Maria Miramontes Matos

(1895-1964)
Irmandades da Corunha e Santiago (Junta Diretiva)

Polo nosso fogar, pola nossa tradiçom, pola nossa cultura, pola nossa fala, pola nossa prosperidade coletiva, pola limpeza política, pola paz social, vinde a nós”.

O 25 de xullo do 1933, un grupo de mulleres do Partido Galeguista, entre as que está María Miramontes, asina este chamamento..

 O excerto reproduzido acima pertence ao seguinte chamamento assinado por um grupo de mulheres do Partido Galeguista, entre as quais Maria Miramontes:

 “N’iste momento en que Galiza áchase mais necesitada ca nunca do agarimo e do esforzo de todol-os seus fillos, pra a defensa dos seus dereitos descoñecidos e feridos de toda sorte, coidamos que é cando a muller galega, chamada á vida púbrica por imperativos dos tempos que corren, e por a natureza a ser no fogar a conservadora das tradicións dos nosos maiores e educadora dos galegos de mañán, debe coller decididamente o posto que lle corresponde…

Imos aportar a nosa vontade e o noso entusiasmo a obra dos que queren erguer a patria galega a autura e dinidade de que é merecente. Non pra misturarnos na política nen con propósito de escrusividade e de combate, senon, co curazón aberto e limpa intención, chamar a concordia e a unidá á todol-os fillos de Galiza… Porque como mulleres e como galegas, mais que o poder, importános o esprito e mais que a forza a boa vontade…

Chamamos ao voso curazón de fillas e de nais: pol-a lembranza dos antergos e po-lo porvir dos nosos fillos: pol-o noso fogar, pol-a nosa tradición, pol-a nosa cultura, pol- a nosa fala, pol-a nosa prosperidade coleitiva, pol-a limpeza política, pol-a paz social, vinde a nós”.

 (3- VIII-1933, La Razón de Lalín e 6-VIII-1933, A Nosa Terra)