|
Palestra "O sistema educativo em Cuba"
Atopámonos nunha situación de emerxencia social, onde a clase traballadora é a principal víctima da crise capitalista, sendo o sector educativo un dos máis feridos. Todas coñecemos mozos e mozas que non poden estudar ou teñen que deixar a carreira por non poder facer fronte as taxas. Ademais, o estado español leva décadas construindo un ensino elitista, españolizador, patriarcal e contrario os parámetros científicos que a mocidade organizada na Liga defendemos, un ensino que non representa os intereses nin do pobo galego nin das traballadoras. Por iso, desde a Liga Estudantil Galega, tomamos como exemplo o sistema educativo socialista construido polo governo revolucionario cubano baixo parámetros populares, científicos e sociais, onde non se lle nega a ninguén o seu dereito a estudar pola súa condición sexual, racial ou económica. En definitiva, un ensino do pobo e para o pobo, cunha experiencia exitosa a nivel social e cultural, sendo exemplar para o mundo enteiro. Animamos-vos polo tanto a participar nesta conferencia, a compartir opinións, debatir e aprender dun pobo que leva 55 anos construindo poder popular
Actividades para o Entruido!
A Revira celebra a 10ª ediçom do entruido baixo umha programaçom variada que decorrerá entre os dias 1 e 4 de Março. Sábado 1 de Março 18:00 Passa-ruas Bilinguista 20:00 Concurso de filhoas. Haverá prémio para as ganhadoras 22:30 Cozido de entruido. Preço 12?. Apontar-se no nosso centro social ou bem no mail centrosocial@revira.org Terça-feira 4 de Março 19:00 Palestra: "Vida e apoteose no entruido". Falarám Rafael Quintiá e Xose Anxo Rosales, membros da Sociedade Antropolóxica Galega 22:00 Concurso de disfarces. Haverá prémio para as ganhadoras Palestra "O desmantelamento da sanidade pública"
Para rematar a programaçom de fevereiro, esta sexta-feira 28 debateremos sobre o desmantelamento que está a sofrer a sanidade pública galega por meio dos governos galego e espanhol. Desta volta o nosso convidado será Francisco Vizoso, médico em Medicina Preventiva do CHOP e membro de SOS Sanidade Pública. Será às 21:00 no nosso centro social.
Palestra "O abandono animal na comarca de Ponte Vedra"
Na sexta-feira 21 falarám no nosso centro social membros do colectivo Os Palleiros, protectora de animais que leva trabalhando na nossa cidade oito anos contra o abandono e o maltrato animal. Será às 21:00.
Nova sessom do grupo de estudos
Este sábado 8 às 20:00 celebraremos no nosso centro social mais umha nova sessom do grupo de estudos da Revira. Desta volta introduciremo-nos na figura de Nelson Mandela, líder durante décadas da luta do povo negro sul-africano contra o regime de segregação racial do apartheid mantido com apoio dos Estados Unidos na África do Sul. Para apontar-se ao seminário apenas tes que enviar um correio a centrosocial@revira.org
|