Esta é umha versom antiga do documento!

Que é o reintegracionismo?

O reintegracionismo postula que o galego, o portugués e o brasileiro son variantes da mesma língua. Esta tese foi a defendida tradicionalmente polo galeguismo.

A palabra reintegracionismo deriva de reintegrar que quer dicer: integrar novamente. O reintegracionismo é unha estratéxia para a língua da Galiza que se basea nun facto histórico, unha análise e unha hipótese razoábel.

Facto histórico

O facto histórico é que a nosa língua naceu no Reino da Galiza, na Idade Média, nun território que incluía a actual Galiza e o norte de Portugal1). Esta língua avanzou para sul en dirección ao que seria o Reino de Portugal e despois cruzou os oceanos. Sucedeu que encanto no Reino de Portugal triunfou socialmente, sendo a língua de todos os estamentos sociais, a norte do Minho, foi a língua castelá a que ocupou a cúspide social aumentando a sua presenza até o dia de hoxe en todas as clases sociais.

Análise

A análise revela que:

  1. Do ponto de vista lingüístico, as falas galegas están moi castelhanizadas sendo esta a principal barreira para comunicarmos cos falantes do resto do noso domínio lingüístico.
  2. Do ponto de vista funcional, a nosa língua na Galiza está ausente en áreas estratéxicas para unha língua: meios de comunicación, xustiza, empresa, etc, espazos ocupados polo castelán.
  3. Do ponto de vista cultural e identitário, a maioria dos falantes senten mais familiar o castelán que as variedades portuguesa ou brasileira. A cidadania galega está empapada de cultura expresada en castelán mas descoñece a portuguesa, a brasileira ou a africana. Isto verifica-se especialmente cando queremos aceder a produtos culturais noutras línguas (traducións de libros, cinema, software)onde a inércia nos leva a recorrer ao castelán.

Hipótese

A hipótese razoábel é que das duas estratéxias que se postulan para inverter o estado actual da nosa língua, a autonomista (galego é só a língua da Galiza) e reintegracionista (galego é a língua da Galiza e de vários países mais), a segunda pode ser a mais eficaz.

Porqué?

  1. Do ponto de vista lingüístico porque as variedades de Portugal e do Brasil son as línguas comuns nos seus países e a língua é soberana a respeito do castelán ou calquer outra. Apoiar-nos nelas permitiria soberanizar a nosa variedade.
  2. Do ponto de vista funcional, moitas das carências da nosa língua na Galiza poderian preencher-se con outras variedades da nosa língua, nomeadamente a do Brasil e a de Portugal.
  3. Do ponto de vista cultural e identitário, a nosa cultura inserida na lusófona veria-se reforzada e alcanzaria mais difusión. Unha identidade compartillada cos outros países que falan a nosa língua, reforzarian a identidade da nosa língua como sendo independente do castelán

Para unha visión de conxunto: A estratégia luso-brasileira para o galego

1) Alén de territórios que actualmente fan parte das Astúrias e de Castela-Leom.
QR Code
QR Code que_e_o_reintegracionismo (generated for current page)