Joám Carvalheira

(1902-1937)

Notese ben qu-o tema é de interés abondosamente sustantivo. Porque trátase do prestigio da língoa, anque non mais seja, fora da casa. Que somentes no galego dase o caso de se usare a língoa con manefesta e reiterada dualidade. I-así, escríbense artigos co “x” e outros co “j” i-o “g”, aparte ainda outras divergencias que ajudan mais a diferenciare un texto galego de outro texto galego tamén, coma se de distintas lingoajes se tratara”

(Monteagudo Romero 1996: 512)

Joám Carvalheira é o pseudónimo de José Francisco Gómez de la Cueva, alcalde de Bueu e Redator de El Pueblo Gallego fuzilado polo Franquismo. Foi um ativo defensor da escrita etimológica e da aproximaçom ao português.