Uxía

Temos que multiplicar X100 o galego… porque a nosa lingua ten futuro e é unha oportunidade para ampliar horizontes. Para que o galego estea vivo en todos os ámbitos, e non só nos rituais. Xa di Manuel María en A fala que o idioma é a chave coa que abrimos o mundo… E a nosa chave é o galego-portugués, o que nos abre as portas ao mundo. Non podo imaxinar este país sen o idioma, sen o noso modo de estar no mundo: de pensar, de falar, de amar….

Nunca camiñaremos en solitario,
neses territorios aínda por descubrir…

‘Seremos muitos, seremos alguem’ Zeca Afonso