Ciclo de cinema gay/lésbico/transexual (16-20 de Maio)

Ciclo de cinema gay/lésbico/transexual (16-20 de Maio)

07-05-2007

Ciclo de cinema gay/lésbico/transexual
Do 16 ao 20 de Maio na Aula Sócio-Cultural da Caixa Galicia (Rua Carreira do Conde, nº 18, Compostela, Galiza)

PROGRAMA

Dia 16

20.30
BEAUTIFUL THING
Hettie MacDonald
22.30
COSTA BRAVA (FAMILY ALBUM)
Marta Balletbó-Coll

Dia 17

20.30
BEAUTIFUL BOXER
Ekachai Uekrongtham
22:30
LOVING ANNABELLE
Katherine Brooks

Dia 18

20.30
LE FATE IGNORANTI (A FADA IGNORANTE)
Ferzan Ozpetek
22.30
MRS STEVENS HEARS THE MERMAIDS SINGING
Linda Thornburg

Dia 19

18.00
MIRACLE (O MILAGRE) DVD
Gavin O'Connor
20.00
THE CRYING GAME (JOGO DE LÁGRIMAS) DVD
Neil Jordan
22.30
LOVING ANNABELLE
Katherine Brooks

Dia 20

18.00
BREAKFAST ON PLUTO (ALMOÇO EM PLUTOM)
Neil Jordan
20.30
MIRACLE (O MILAGRE) DVD
Gavin O'Connor
22:30
MRS STEVENS HEARS THE MERMAIDS SINGING
Linda Thornburg

Bilheteira aberta desde as 18h00 na Aula Sócio-Cultural da Caixa Galicia (Rua Carreira do Conde, nº 18).
Preço da entrada: 3 ?
Bilhete para 9 filmes: 18 ?
Venda de bilhetes:
À venda no telefone 902 434 443 ou na internet: www.caixagalicia.es

Dados técnicos e sinopses dos filmes:

BEAUTIFUL BOXER

FICHA ARTÍSTICA
Nong Toom..........................Asanee Suwan
Pi Chart...........................Sorapong Chatree
Nai de Nong........................Orn-Anong Panyawong
Kyoko..............................Kyoko Inoue
Nat................................Sitiporn Niyom
Fan................................Yuka Hyodo
Jack...............................Keagan Kang
Pai de Nong........................Nukkid Boonthong

FICHA TÉCNICA
Dirección..........................Ekachai Uekrongtham
Guión..............................Ekachai Uekrongtham e Desmond Sim Kim Jin
Produción..........................Ekachai Uekrongtham
Música.............................Amornbhong Methakunbudh
Fotografía.........................Choochart Nantitanyatada
Montaxe............................Dusanee Puinongpho
Deseño da produción................Nopphadol Arkart
Vestiario..........................Tasakorn Tragulpadetkrai

DATOS TÉCNICOS
País........................Thailandia
Ano.........................2004
Duración....................118 min
Xénero......................Drama, acción

SINOPSE

Baseada na historia real do famoso boxeador tailandés de kickboxing travestido, Beautiful boxer é un conmovedor drama de acción que profunda no corazón e mais na mente dun rapaz que loita coma un home para se converter nunha muller. Crendo que é unha rapaza atrapada nun corpo de rapaz desde que era un meniño, Parinya Charoenphol (familiarmente coñecido como Nong Toom en Thailandia) proponse dominar o deporte máis masculino e letal: Muay Thai (kickboxing tailandés) para ganar a vida e para conseguir o seu obxectivo final de feminidade total. Conmovedora, divertida, con impresionantes escenas de kickboxing tailandés, Beautiful boxer describe a infancia de Nong Toom, a súa vida adolescente como monxe viaxeiro, os seus penosos días nos campamentos de boxeo e explosivos combates onde vence a maioría dos opoñentes en toda Thailandia e Xapón.

COSTA BRAVA (FAMILY ALBUM)

FICHA ARTÍSTICA
Marta Balletbó-Coll
Desi del Valle
Montserrat Gausachs
Josep Maria Brugués
Ramon Mari
Sergi Schaaff

FICHA TÉCNICA
Dirección.....................Marta Balletbó-Coll
Guión.........................Marta Balletbó-Coll e Ana Simón Cerezo
Música.........................Emili Remolins
Fotografía.....................Teo López García
Produción.......................Marta Balletbó-Coll

DATOS TÉCNICOS
Título orixinal..................Costa Brava (Family Album)
Ano...............................1995
Duración..........................96 min
Xénero............................Comedia

SINOPSE
Anna é unha guía turística de Barcelona con vocación de actriz, que se emprega a fondo nos ensaios dun monólogo cómico. Mais este proceso queda interrompido cando coñece a Montserrat.

MIRACLE (O MILAGRE)

FICHA ARTÍSTICA
Herb Brooks..........................Kurt Russell
Patty Brooks.........................Patricia Clarkson
Craig Patrick........................Noah Emmerich
Walter Bush..........................Sean McCann
Jack O'Callahan......................Michael Mantenuto
Doc Nagobads.........................Kenneth Wells
Jim Craig............................Eddie Cahill
Mike Eruzione........................Patrick O'Brien Demsey
Jack O'Callahan......................Michael Mantenuto
Robbie McClanahan....................Nathan West
Mark Johnson.........................Eric Peter-Kaiser


FICHA TÉCNICA
Dirección..............................Gavin O'Connor
Guión.................................Eric Guggenheim
Produción.............................Mark Ciardi e Gordon Gray
Música................................Mark Isham
Fotografía............................Daniel Stoloff
Montaxe...............................John Gilroy
Deseño da produción...................John Willett
Dirección artística...................Ross Dempster
Vestiario.............................Tom Bronson

DATOS TÉCNICOS
País..................................USA
Ano...................................2004
Duración..............................135 min
Xénero................................Drama deportivo

SINOPSE
Miracle é a fabulosa historia dun equipo que superou os límites do deporte e conseguiu unir unha nación e devolverlle a esperanza. Esta película está inspirada na historia real dun dos momentos máis grandes da historia moderna e reflicte unha época e un lugar nos que as diferenzas se podían resolver en competicións e a guerra fría se podía librar sobre unha pista de xeo. En 1980, o adestrador da selección de hóckey sobre xeo de Estados Unidos, Herb Brooks (Kurt Russell), levou un grupo de mocosos universitarios aos Xogos Olímpicos para se enfrontaren coa todopoderosa selección da Unión Soviética. Había unha diferenza enorme entrambas as seleccións, pero a de Estados Unidos estaba imbuída do orgullo dunha nación que estaba desexando distraerse da situación que se vivía no mundo naquela época. Co mundo enteiro observando, o equipo soubo estar á altura e lanzou a pregunta que o agora famoso locutor Al Michaels lles fixo aos millóns de espectadores que ían ver o partido desde a casa: ?Cren nos milagres? Si!"


BREAKFAST ON PLUTO (ALMORZO EN PLUTÓN)

FICHA ARTÍSTICA
Patrick "Kitten" Braden...................Cillian Murphy
Padre Bernard.............................Liam Neeson
Charlie...................................Ruth Negga
Irwin.....................................Laurence Kinlan
Bertie....................................Stephen Rea
Tío Bulgaria..............................Brendan Gleeson
Patrick, neno.............................Connor McEvoy
Billy Hatchet.............................Gavin Friday
P.C. Wallis...............................Ian Hart
Eily Bergin...............................Eva Birthistle
Ma Braden.................................Ruth McCabe

FICHA TÉCNICA
Dirección...........................Neil Jordan
Guión...............................Neil Jordan e Patrick McCabe; baseado na novela Breakfast on Pluto de Patrick McCabe
Produción...........................Alan Moloney, Neil Jordan e Stephen Woolley
Fotografía..........................Declan Quinn
Montaxe.............................Tony Lawson
Deseño da produción.................Tom Conroy
Vestiario...........................Eimer Ni Mhaoldomhnaigh

DATOS TÉCNICOS
Países............................Irlanda e Reino Unido
Ano...............................2005
Duración..........................135 min
Xénero............................Comedia dramática

SINOPSE
Londres, mediados dos 70. Unha fermosa e moderna moza pasea por unha rúa empuxando un carriño. Os albaneis que están nas estadas non paran de lle asubiar, pero ela responde rapidamente cun comentario mordaz; a súa historia, a historia de Patrick "Kitten" Braden (Cillian Murphy), é demasiado forte para o seu gusto. Tyreelin, Irlanda, 1958. Unha aldea irlandesa de postal. Só os madrugadores paxaros son testemuñas de como unha loura e delgada muller deposita un bebé na porta dunha parroquia e se afasta rapidamente. Semella o sacerdote que abre a porta sorprendido, angustiado, culpable? O padre Bernard (Liam Neeson), como os rexoubeadores paxariños poden testemuñar, non foi o mesmo desde que a loura criada marchou. O orfo é enviado decontado a Ma Braden (Ruth McCabe), que será a súa madrasta. Ma é a dona dun pub e 9 ou 10 anos despois horrorízase cando atopa a Patrick cun vestido da súa media irmá e pintándose co lapis de labios. Coa revelación de que non é a súa nai vén a pregunta, ?quen é a miña verdadeira nai?" O pai dun amigo revélalle a Patrick tres cuestións importantes: a súa nai é Eily Bergin (Eva Birthistle), a rapaza máis guapa do lugar, que se parecía á famosa actriz Mitzi Gaynor e que unha vez a viu en Londres. Anos despois as pezas empezan a encaixar cando Patrick, adolescente metido no glam-rock e na maquillaxe, abre coa axuda do vapor unha carta de Ma cun cheque do padre Bernard.

BEAUTIFUL THING

FICHA ARTÍSTICA
Glen Berry
Linda Henry
Scott Neal
Tameka Empson
Ben Daniel
John Savage

FICHA TÉCNICA
Dirección..........................Hettie MacDonald
Guión..............................Jonathan Harvey (teatro: Jonathan Harvey)
Música.............................John Altman
Fotografía.........................Chris Seager

DATOS TÉCNICOS
Título orixinal.....................Beautiful Thing
Ano.................................1995
Duración............................89 min
Xénero..............................Comedia
Produtora..........................Channel Four Films / World Productions

SINOPSE
Un longo e caloroso verán en Thamesmead, ao sur de Londres. Jamie Cangel está faltando á escola máis do normal e escapúlese tras o televisor do apartamento onde vive con Sandra, a súa nai. Na porta que está a carón vive Leah que, despois de que a expulsaran do instituto, pasa o día escoitando os discos de Mama Cass.
THE CRYING GAME (XOGO DE BÁGOAS)

FICHA ARTÍSTICA
Adrian Dunbar
Andree Bernard
Birdie Sweeney
Breffini McKenna
Brian D. Coleman
Chris Rea
David Crionelly
Forest Whitaker
Jack Carr
Jaye Davidson
Jim Broadbent
Joe Savino
Josephine White
Miranda Richardson
Ralph Brown
Ray De-Haan
Shar Campbell
Stephen Rea
Tony Slattery

FICHA TÉCNICA
Dirección........................Neil Jordan
Guión............................Neil Jordan

DATOS TÉCNICOS
Título orixinal....................The crying game
País...............................EEUU
Ano................................1992
Xénero..............................Drama
Duración............................112 min

SINOPSE
A organización terrorista IRA secuestra un soldado británico. Durante o confinamento, o prisioneiro faise amigo de Fergus, un dos terroristas, e pídelle que se finalmente o matan vaia ver a súa noiva. Máis tarde, Fergus, fuxindo dos compañeiros, vai ao pub onde traballa Dil, a noiva do soldado británico.

MRS STEVENS HEARS THE MERMAIDS SINGING

FICHA ARTÍSTICA
Lucy Brightman
Harley Kaplan
Patrick Richwood
Susan Bonowitz
Emanueal Buckley
George Caleodis
Carla Carpenter
Bryan K. Davis

FICHA TÉCNICA
Dirección......................Linda Thornburg

DATOS TÉCNICOS
Ano............................2004
País...........................USA
Xénero.........................Drama, romance


SINOPSE
Este filme percorre 75 anos na vida da poetisa May Sarton, que ganou notoriedade nos seus primeiros anos por unha novela sobre unha relación de amor lesbiano. Nos 80, os resentimentos da señora Stevens provocan o interese dunha nova xeración de lectores, e é visitada por dous entrevistadores. A través de flashbacks, ela diríxeos por aqueles axitados anos, a era de McCarthy e as numerosas amantes femininas que inspiraron o corpo prolífico da súa poesía.

LE FATE IGNORANTI (A FADA IGNORANTE)

FICHA ARTÍSTICA
Margherita Buy
Stefano Accorsi
Serra Yilmaz
Andrea Renzi
Erica Blanc
Rosaria De Cicco
Lucrecia Valia

FICHA TÉCNICA
Dirección........................Ferzan Ozpetek
Guión............................Gianni Romoli e Ferzan Ozpetek
Música...........................Andrea Guerra
Fotografía.......................Pasquale Mari

DATOS TÉCNICOS
Título orixinal....................Le fate ignoranti
Ano................................2000
Duración...........................110 min
Produtora.......................R&C Produzioni
Xénero..........................Drama

SINOPSE
Antonia e Massimo levan máis de dez anos casados. Viven nunha bonita casa nunha zona residencial das aforas de Roma e son felices. De repente Massimo morre nun accidente de tráfico. Antonia afúndese por completo e coidan dela a súa nai Verónica e a asistenta filipina Nora. Antonia é incapaz de saír do sufrimento.

LOVING ANNABELLE

FICHA ARTÍSTICA
Annabelle........................Erin Kelly
Simone Bradley...................Diane Gaidry
Lauren...........................Marla Maples
Kristen..........................Michelle Horn
Michael..........................Markus Flanagan
Cat Pegrum......................Gustine Fudickar
Madre Emaculata..................Ilene Graff
Colins...........................Laura Breckenridge
Detective.........................John Farley
Barry.............................Greg Joelson

FICHA TÉCNICA
Dirección.........................Katherine Brooks
Produción.........................Jennifer Young e Gregory Carroll
Guión.............................Katherine Brooks

DATOS TÉCNICOS
País...............................EEUU

Duración..........................90 min
Ano...............................2006
Idioma orixinal...................Inglés

SINOPSE
Annabelle é unha nova estudante, nun estrito instituto católico que chama rapidamente a atención das compañeiras e mais das profesoras por numerosos motivos: ten un piercing no nariz, leva símbolos budistas, fuma e ademais ten unha constante inclinación por falar de sexo nas clases de poesía da profesora Simone Bradley, que non sabe como controlala. Con todo, Simone descobre paseniñamente que ese constante desafío de Annabelle se converteu nunha atracción mutua. Annabelle espertou "aquilo" que Simone aprendeu a refrear e vai ter que decidir se escoita o seu corazón e arrisca todo aquilo polo que traballou.

Escrito ?s 01:39:50 nas castegorias: Actividades
por LGTB   , 1866 palavras, 1155 visualizaçonsChuza!

Sem comentários ainda

    Dezembro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31          

    Busca

free blog