I Concurso de Fotografia lgbt Aturuxo

I Concurso de Fotografia lgbt Aturuxo

07-05-2007

BASES:

I Concurso de Fotografía lgbt Aturuxo

BASES

PARTICIPANTES
1? Poderán concorrer todas as persoas nadas ou residentes en Galicia e que sexan maiores de 16 anos en data 31 de decembro de 2007.

TEMÁTICA
2? O tema será: ?Rompendo cos tópicos, familia e afectividade?.

OBRAS
3? Cada autor/a poderá concursar cunha soa obra de fundamento fotográfico realizada en calquera tipo de técnica e soporte.

4? As medidas non superarán os 80 x 80 centímetros.

Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as fotografías sobre a documentación achegada.

Nesta fase non se achegarán obras orixinais.

PRESENTACIÓN
5? Deberase presentar, antes das 13:00 horas do 1 de xuño de 2007, a seguinte documentación:

a? Fotocopia do DNI
b? Declaración de residencia (só no caso de que no DNI figure un lugar de nacemento ou enderezo de fóra de Galicia)
c? Enderezo postal, correo electrónico e teléfonos de contacto
d? Nome artístico ou pseudónimo co que desexa figurar nos elementos sinalécticos e demais referencias
e? Unha reprodución, ou varias se se estima necesario, da obra que se presenta nun CD indicando a posición
f? Ficha técnica completa da obra (título, data de realización, técnica e medidas)
g? Texto explicativo da peza presentada
h? Valoración económica da obra para os efectos de seguro

A documentación deberase presentar directamente ou por correo no seguinte enderezo:

Centro Quérote (Concurso lgbt Aturuxo)
Casa da Xuventude
Praza do Matadoiro s/n
15703 Santiago de Compostela

De toda a documentación que se esixe debe acompañarse unha copia impresa en papel.

Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada.

SELECCIÓN
6? Unha vez recibida a documentación, o xurado fará unha preselección. Os Colectivos lgbt Aturuxo poranse en contacto cos artistas seleccionados para indicarlles o período de recepción das obras orixinais, que non serán aceptadas nin antes nin despois desa data.

CONDICIÓNS
7? Os gastos de produción, embalaxe e transporte de ida e volta das fotografías correrán por conta de quen participe e poderanse enviar por calquera medio de transporte ou depositalas e/ou recollelas persoalmente no enderezo sinalado.

8? As obras seleccionadas recepcionaranse no Centro Quérote (Concurso lgbt Aturuxo), Casa da Xuventude, praza do Matadoiro s/n, 15703-Santiago de Compostela, nas datas que se indicarán, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

9? Os organizadores non se farán responsábeis, unha vez finalizada a exposición e en data previamente acordada, da conservación das obras non retiradas.

10? En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos necesarios para a súa correcta exposición. Emitirase unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia na Casa da Xuventude, non facéndose responsábel de posíbeis riscos durante o transporte.

EXPOSICIÓN PÚBLICA
11? Todas as obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará nos meses de xuño/xullo (datas por determinar) na Casa da Xuventude de Santiago de Compostela.

XURADO
12? O Xurado estará composto por:
? Xoán Anleo. Artista
? Alfredo Saborido Pérez. Secretario da federación galega de Asociacións lgbt
? Noa Tilve Cabada. Coordinadora do centro de asesoramento afectivo-sexual Quérote
? Pili Veiro. Escritora
? O director xeral de Xuventude, Igualdade e Benestar Social ou persoa en quen delegue
? O concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela ou persoa en quen delegue
? Como secretaria do xurado actuará Sabela López Pato, coordinadora desta convocatoria

Os colectivos lgbt Aturuxo resérvanse o dereito de substituír algún/unha dos/as compoñentes do xurado en caso de que algún/unha deles/as non puidese asistir ás deliberacións.

A resolución final do xurado farase pública no acto inaugural da mostra.

13? Os premios serán os seguintes:
- Un primeiro premio dotado con 1.000 euros.
- Dous segundos premios dotados con 500 euros cada un.
- Dous accésits dotados con 200 euros cada un.

Os premios quedan sometidos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas de acordo coa lexislación vixente.

14? De entre as fotografías que formarán parte da exposición o xurado fará unha selección para reproducir e amosar en mupis (backlights publicitarios do mobiliario urbano) da cidade de Santiago de Compostela.

A decisión do xurado será tomada por maioría e é inapelábel.

15? Concursar supón autorizar a citación do nome artístico así como a reprodución gráfica da fotografía presentada para calquera tipo de difusión ou publicación que os Colectivos lgbt Aturuxo consideren oportuno facer.

16? A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases e a conformidade co fallo do xurado.

A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que supoñan melloras que lle afecten directamente ao éxito do certame.
A interpretación das bases é cometido exclusivo do xurado.

Máis información: exposicions@gmail.com

Escrito ?s 01:47:47 nas castegorias: Actividades
por LGTB   , 856 palavras, 720 visualizaçonsChuza!

Sem comentários ainda

    Dezembro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31          

    Busca

multi-blog engine