O sábado 30 de Xuño e o domingo 1 de Xullo celebrarase unha nova edición da Mostra das Culturas, alí Aturuxo contará cun posto. Neste posto repartiremos información sobre o que é un local social, repartiremos colantes, venderemos chapas e tamén camisolas. Ademais estamos traballando na elaboración dun CD recopilatorio de Música galega e en galego! Isto non sería posibel sin a inmensa colaboración de moitos grupos do noso pais que nos ceden un tema da súa discografía, coa súa venda financiaremos a apertura do noso local.
Os/as socios/as de Aturuxo tamén queremos por en valor o inmenso traballo que está ralizando un amigo e compañeiro, que fixo todo os deseños ate agora (deseño do logo, cartazes, colantes, crachás, etc) e tamén está traballando na edición deste recopilatorio. Obrigad@s Breixo!
Ataque Escampe están confirmados para a
Mostra das Culturas!!!
O domingo sobre as nove música da boa en
Boiro, no stand de Aturuxo!!!