Berra porque nós seremos a túa voz!. Dende Aturuxo queremos abrir un espazo de queixa medioambiental, onde vós, a xente do Barbanza, poderedes facer pública unha queixa. Se tes unha foto dunha agresión o medio natural ou onde apareza maltrato animal, mándonala xunto cun pequeno texto explicativo e o nome do lugar a: aturuxolocalsocial@gmail.com e subirémola a esta páxina o antes posíbel.
--Para ver a galería clica na frecha
Abrimos nós a galería con esta imaxe de nove cabalos que apenas poden dar un paso devido á tranca especialmente longa que teñen prendida da pata dianteira. Houbo xa un escándalo por un caso similar en Poio, xa que inda que esta práctica causa lesións ós cabalos e todos os organismos o aceptan como maltrato, hai un valeiro legal o respeito. Os animais atopanse nun alpendre similar a un angar nun curuto de Noia, preto da Praia das Gaivotas.
Foto do parque eolico "barbanza I e II" onde se ve o forte impacto que causan os muiños no medio, xa non só falando visualmente, senón que coa súa construcción estrágnase grandes áreas de monte e moitas veces non se repeitan os chacementos (petroglifos, mámoas...) perdendo así un patrimonio que é imposibel recuperar. Ademáis os muiños xeran un ruido enxordecedor, un zumbido que rompe co silencio e o rumor do vento nos cumios. E todo isto para que? posto que da enerxia xerada en Galiza a maior parte é para exportación e aquí continuase aumentando a xeración eléctrica mediante combustibleis fósiles xunto coa proliferación dos eolicos nos nosos cumios. ¿Onde está o beneficio?
Xa sabes, cando presences algunha acción agresiva cóa terra ou cos animais, non cales que nos berraremos ben alto.
Escrito ?s 10:58:31 nas castegorias: NATUREÇA, Protesta social
|
|
http://www.petatv.com/tvpopup/video.asp?video=fur_farm&Player=wm&speed=med
Fortísimo vídeo sobre o maltrato animal nas granxas de peletaría