O sábado 24 de Novembro durante toda a xornada Aturuxo desenrolará unha serie de actividades (mexilloada, magosto...)Preme en continuar para ler a programación ao completo:
Todas as actividades serán o sábado 24 de Novembro na Praciña situada detrás do Centro Social de Boiro (entre a rúa principal e a rúa tenencia)
As actividades serán as seguintes:
- Ás 13h. da mediodía faremos unha grande mexilloada popular, os mexillons repartiranse de balde. Teremos música e baile!
- Ás 13.30h actuarán unhas cantareiras
- Ás 18.30 comezarán os xogos populares (carreira de sacos, carreira do ovo, trompos, etc) teremos dúas categorías (nenos e maiores) @s gañador@s levaran premios!!
- Ás 20h. comezaremos co Magosto, teremos castañas de balde, chourizos asados, música ao vivo ...
- Ás 20.30h teremos a gran actuación do grupo de baile tradicional: Xilbarbeira
Que ben! alí estaremos todos de festa
carlos (boiro)
Esta si que vai ser boa festa! E coido que sería oportuno que Aturuxo bautizase a anónima praciña onde transcorrerá o evento co seu nome
Neste momento estou vendo todo dende a miña casa casa , a pena e que sexa todo tan tarde para os meniños,"que fai un frio….".Quedou todo moi ven os rapaces xogaron as carreiras de sacos e de premio levaron unhas golosinas. Graciñas por todo.