Actividades de Aturuxo durante as festas de Boiro! (O leio i arremecaghona, Pau Alabajos...)

Actividades de Aturuxo durante as festas de Boiro! (O leio i arremecaghona, Pau Alabajos...)

28-06-2008

Durante as festas de Boiro, e especialmente nos días da Mostra das Culturas, aturuxo non vai parar de organizar actividades...

Teremos un posto na Mostra das Culturas, concertos, ...

O noso local abrirá todos os días das festas, nos que teremos un horario ampliado para conseguir que o maior número de xente posibel poida achegarse!
Todos os días das festas a partir as 20.30, até.............

O venres 4 de Xullo comeza a Mostra de Culturas cos concertos de Obrint Pas, Os tres trebons, etc, nós repartiremos miles de volantinas para dar a coñecer o noso proxecto e convidar a tod@s a visitar o noso local (r/Principal nº118). Para o venres estamos preparando unha festa que comezará ao rematar os concertos da Mostra...

O sábado 5 de Xullo ás 11h abre as súas portas a Carpa da Diversidade (Mostra das Culturas) onde nos instalaremos un posto, alí venderemos camisolas, crachás, chisqueiros, cervexa, e por suposto repartiremos abundante información sobre o noso proxecto!
Ás 21h. Conceto na Carpa da Diversidade:
Dúa Keresú (música galega-guaraní)
Xerock (rock galego)
Pola noite asistiremos aos concertos de Banda Bassoti, Nao, etc; onde voltaremos repartir volantinas e publicitar o fin de festa en Aturuxo!
Para rematar a festa estamos preparando un grande fin de festa no noso local social, comezará ao rematar os concertos da Mostra (igual que o venres)

O domingo 6 de Xullo abriremos ás 11h o noso posto na Carpa da Diversidade...
21.30h. Na Carpa da Diversidade: Concerto: Tuna Rastarari (fussom en galego)
Pola noite (ás 23h.) teremos unha gran programación no noso local, por agora están confirmados:

O LEIO i ARREMECAGHONA e o cantautor valenciá (PPCC) PAU ALABAJOS!

Contamos con tod@s vós!

Escrito ?s 20:18:18 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 292 palavras, 1084 visualizaçons     Chuza!

2 comentários

Comentário de: medulio [Visitante]  
medulio

Pedaso conserto que nos dou pau e o leo, o proximo ainda mellor, agradecido con todos polo traballo ben feito. Adiante co ATURUXO.

07-07-2008 @ 21:49
Comentário de: iria [Visitante]  
iria

Ai ostia a facer patria!!

10-07-2008 @ 20:24
    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Abril 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30          

    Busca

    free blog software