O sábado 18 de decembro en Pontevedra terá lugar o acto nacional central de inverno de Causa Galiza.
O motivo de se celebrar nesa data é a coincidencia co 30º aniversario do referendum do estatuto de autonomía de Galicia. En princípio, o acto político consistirá nun mitin no pazo da cultura de Pontevedra, coa intervención da portavocia e de varias persoas representativas de distintos ámbitos da sociedade galega. O obxectivo deste acto é visibilizar a valoración global negativa do ciclo autonómico e presentar unha nova proposta política para o traballo en favor da autodeterminación.
A intención é tamén realizar unha cea e un concerto en Pontevedra. Para asistir á cea hai que mercar os convites previamente. Informamos que ese mesmo dia xa estará á venda o novo libro de Causa Galiza do xurista Henrique del Bosque, editado conxuntamento coa Fenda editora.
Compre sinalar que a mobilización nacional do 18 de decembro terá unha cita previa a nivel local con actos nas comarcas o dia 6, data na que se aprovou a constitución española.
Escrito ?s 16:00:17 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|
Bom trabalho está a fazer a gente de Causa Galiza. Quero desejar-lhe para-béns e muito sucesso neste processo que impulsionam.