Nom ao acoso policial à mocidade

Nom ao acoso policial à mocidade

26-11-09

Esta sexta-feira dia 27 de Novembro, o Foro da Mocidade organiça umha xornada contra os recentes ataques da policia aos direitos colectivos da mocidade no casco velho. Coa escusa do botelhom estam a limitar o direito de reuniom e de desfrutar das nossas ruas. Participa nas actividades que se programarom!!!

PROGRAMA :

- 22:00 Recital de poesia no C.S. Revolta.

- 23:15 Marcha informativa polo casco velho com saida da praça da vila (Praça da constituiçom).

- Depois da marcha, foliada no C.S. Revolta.

MANIFESTO :

A comezos do verán deste mesmo ano, o Concello de Vigo, por medio do concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, anunciaba a nova política da entidade municipal para enfrontar o "problema" do botellón. Desde o primeiro momento as medidas anunciadas puxeron en garda aos movementos polos dereitos cidadáns por vulneraren dereitos fundamentais dun xeito aberto e descarado.

Por todo o barrio chantaron carteis anunciando "zonas protexidas", nun exercicio de criminalización da mocidade que, implicitamente, é considerada "potencialmente perigosa" polas autoridades municipais e así mostrada ao pobo mediante este tipo de sinalización.
Así, coa excusa de loitar contra o botellón e a prol dos dereitos dos veciños das zonas afectadas polo mesmo, vimos de sofrer un gravísimo recorte das nosas liberdades individuais e colectivas. Erran de cheo os que pensan que os problemas se atallan a base de pau e sanción económica. Erran de cheo.

A comezos do outono fomos vendo como as rúas do barrio do Berbés, como antes acontecera con outras zonas da cidade, eran tomadas pola policía. Da boca do propio Calviño puidemos escoitar lindezas que, mesmo vindo de quen viñan, nos sorprenderon e deixaron pampos. A nova política antibotellón consistiría, basicamente, na ocupación das rúas polas forzas represivas, que actúan cunha prepotencia e unha impunidade propias de reximes fascistas, e na prohibición de reunións de máis de dúas persoas na vía pública nas noites das fins de semana, así coma sancións aos locais que incumpran os horarios de apertura ou "deixen" saír a xente con bebidas alcólicas á rúa.

Xa que logo, desde o Foro da Mocidade queremos protestar enerxicamente contra toda esta serie de afrontas e agresións á xente nova viguesa. Queremos denunciar que as autoridades que na teoría están para nos protexer, o único que pretenden é establecer un control absoluto sobre todos os aspectos da nosa vida. Queremos denunciar, así mesmo, todos os abusos de autoridade que os novos e as novas sufrimos con total impunidade para quen, en última instancia, baixa o brazo, mais queremos tamén apuntar co dedo aos culpables directos desta situación; unha clase política ao servizo dos intereses da burguesía e da propiedade privada, armada até os dentes e disposta a deixar caer todo o peso das súas porras e sancións económicas sobre quen, neste caso, non pretende máis ca facer uso de liberdades tan básicas coma o dereito á libre reunión, á libre expresión.

Non ao estado de sitio, as rúas son do pobo.
Non á criminalización da mocidade.

Escrito ?s 19:42:27 nas castegorias: ACTIVIDADES
por csrevolta   , 490 palavras, 884 views     Chuza!

Ainda sem comentários