Merca dende agora mesmo as nosas camisetas e chapas, e moi pronto estará a venda o noso disco de música galega!

Pincha no enlace para ver o catalogo fotográfico dos nosos productos.
Escrito às 15:40:18 nas castegorias: Fotos das actividades pasadas, Material
|
|
Link: http://groups.google.com/group/asociacionaturuxo
¡Aturuxo xa posúe un foro propio destinado a dinamizar a información e a toma de decisións dos seus membros!
Para poder facer uso del tan só tes que te rexistrar na propia páxina e de seguido xa poderás opinar, preguntar e informarte das novas e cuestións máis recentes de Aturuxo.
Pincha no título para acceder ó foro!
A páxina é a seguinte:
http://groups.google.com/group/asociacionaturuxo
Escrito às 14:40:09 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|

O sábado 30 de Xuño e o domingo 1 de Xullo celebrarase unha nova edición da Mostra das Culturas, alí Aturuxo contará cun posto. Neste posto repartiremos información sobre o que é un local social, repartiremos colantes, venderemos chapas e tamén camisolas. Ademais estamos traballando na elaboración dun CD recopilatorio de Música galega e en galego! Isto non sería posibel sin a inmensa colaboración de moitos grupos do noso pais que nos ceden un tema da súa discografía, coa súa venda financiaremos a apertura do noso local.
Os/as socios/as de Aturuxo tamén queremos por en valor o inmenso traballo que está ralizando un amigo e compañeiro, que fixo todo os deseños ate agora (deseño do logo, cartazes, colantes, crachás, etc) e tamén está traballando na edición deste recopilatorio. Obrigad@s Breixo!