
Desde a asociación cultural Aturuxo queremos denunciar públicamente a violencia manifesta contra o noso local. A pasada noite do xoves ao venres a nosa vidriera foi destrozada tras unha agresión intencionada. As características deste ataque fan que sexa impensábel que sea resultado de ningún incidente casual.
Desde Aturuxo entendemos este ataque como unha agresión que vai máis alá, dirixida ao movemento dos centros sociais do que formamos parte e se está xermolando por todo o país. Os centros sociais son espazos autoxeridos, concebidos como lugar de intercambio e xeración de ideas e actividades, onde cada quen é totalmente libre de expresarse e actuar sen estar submetido a nengún tipo de coacción.
Entendemos a palabra, as actividades e calquera outra vía de diálogo social como o xeito de interaccionar e relacionarnos co noso contorno, por iso non comprendemos o porqué dun ataque así cara o noso local, espazo físico representativo da nosa asociación.
Cremos na defensa das ideas e as liberdades, mais sempre desde o respeto. Non poden permitirse agresións violentas contra os espazos de dinamización social, por iso pedimos intransixencia con este tipo de actos; rexeitemos estas actitudes,e no canto de destruir tentemos construir algo mellor entre toda a sociedade, erradicando estes actos de violencia gratuita.
Asemblea de Aturuxo.
Viva Aturuxo e o conxunto de centros sociais galegos!
Viva unha Galiza digna, orgullosa da sua cultura e dona do seu futuro.
Engadir que volvemos sufrir outro ataque na noite do sabado 25 ao domingo 26, tamen durante a noite, esto non esta recollido no comunicado da asemblea porque ainda non sucedera.
as fotos dos dous ataque en leia mais:
Escrito às 16:29:48 nas castegorias: Novas
|
|