O livro de Brais Zas "Arredor do Paraíso" ajudará a financiar a comemoraçom do 79ª aniversário da proclamaçom da República Galega

O livro de Brais Zas "Arredor do Paraíso" ajudará a financiar a comemoraçom do 79ª aniversário da proclamaçom da República Galega

28-05-2010

Todos os benefícios derivados da venda do livro irám destinados à organizaçom do 79ª Aniversário da Proclamaçom da República Galega (27 de Junho de 1931, 27 de Junho de 2010), comemoraçom que estám a preparar em Gesteda (Cerzeda) colectivos das comarcas de Ordes, Bergantinhos e Compostela, para recordar esse fito nacional acontecido durante a greve dos trabalhadores do caminho-de-ferro.

O livro de relatos ?Arredor do Paraíso?, da autoria de Brais Zas, quem nom se considera ?um escritor?, mas sim ?um observador?, é editado pola Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos. Cinco relatos que, por palavras do autor, som ?como um exorcismo dos próprios demos interiores, um repasso de experiências vividas, um compéndio dumha etapa vital e do saber adquirido nela?.

A continuaçom reproduzimos íntegro o prólogo do livro, que poder mercar enviando um correio para foucelhas.ordes@gmail.com ou esqueilam@hotmail.com. Boa literatura, cultura livre, e ajuda para recuperar umha data esquecida no nosso calendário nacional.

Prólogo de ?Arredor do Paraíso?

Darredor do paraíso son os soños que non se cumpren, os anceios que non se alcanzan, os bos tempos que nunca dán chegado. Estes cinco relatos, que, a xuízo do lector, tal vez non teñan moito que ver pola súa temática, sí a teñen no contexto da propia vida de quen os escribiu. A través deles pónse peche a unha etapa da vida do autor. É coma un exorcismo dos propios demos interiores, un repaso de experiencias vividas, un compendio dunha etapa vital e do saber adquirido nela.

Quen isto escrebe non se considera un escritor. Sí un observador, e tal vez un intérprete a través da palabra escrita da súa propia vida con tódolas súas circunstancias, sucesos, paisaxes grabadas nas retinas, personaxes que aparecen e desparecen, e tamén con tódolos pensamentos interiores.

É precisamente da experiencia vital de onde xorden os personaxes que conforman os cinco relatos. E as súas temáticas foron -en maior ou menor grado- vividas en primeira persoa. Non hai trampa nin cartón; aquí é todo auténtico. Precariedade, drogas, política, diversión?a forza da realidade plasmada, de mellor ou pior maneira, en historias que teñen como maior mérito ?modestia aparte- contar de forma simple aquilo que está a acontecer agora mesmo. Relatos frescos, quitados da máis pura realidade, e convertida, ás veces, a realidade en mito.

Do paradiso á escuridade é un concepto en si mesmo. Porque o autor cre nas obras como conceptos moi personais de quen os crea. Os cinco relatos forman unha obra que o propio título cohesiona: son personaxes que vagan polo mundo, dan voltas darredor dun soño abstracto de felicidade e grandeza representado no mito do paraíso; e ás veces chegan a el, pero volven caer ao vacío. É cando nos arredan do paradiso, cando nolo negan, cando nos damos conta de que nel estivemos ou simplemente existe.

É este un concepto que se comezou a desenrolar na propia vida do autor dende fai uns aniños e que aquí queda plasmado e inmortalizado, porque o autor necesitaba liberarse da necesidade de contalo. Ese foi o reto que me marquei, para que ti tamén, lector, saques algo en limpo del.

Brais Zas, Xaneiro do 2010.

Escrito ?s 18:38:13 nas castegorias: MATERIAL, Livros
por ordes   , 515 palavras, 5714 visualizaçons     Chuza!

1 comentário

Comentário de: cochiqui [Visitante]
cochiqui

Vou estrenar os comentários. A quem nom liu o livro, recomendolho. Para mim está bem…e tmbém se contribue a ajudar a festa da REPÚBLICA GALEGA. Só custa 7 ourinhos.

09-06-2010 @ 15:25
    Março 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31

      Busca

    powered by b2evolution