NOVO ATAQUE AO ASSOCIACIONISMO GALEGO

NOVO ATAQUE AO ASSOCIACIONISMO GALEGO

01-05-11

O colectivo galegófobo "Galicia Bilingüe" vem de denunciar ao CS Aguilhoar (ver denúncia e anexo). Desde o CS Revolta queremos transmitir o nosso apoio e solidariedade aos/às companheiros/as do CS de Ginzo da Límia. Pasamos a reproduzir o comunicado publicado no seu blogue.

Contra a manipulación e a criminalización: Liberdade de expresión!

Perante a denuncia apresentada polo colectivo ?Galicia Bilingüe? e as intoxicacións vertidas por diferentes medios de comunicación (ABC, El Mundo, Libertad digital, etc) sobre as actividades da Aguilhoar, queremos manifestar;

-A Aguilhoar é unha asociación legal, constituida conforme á lei de asociacións 1/2002, e que desenvolve as suas actividades de forma pública dentro do cadro da legalidade vixente.

-Os fins da asociación son a defensa da lingua e cultura galegas, os direitos nacionais da Galiza e os valores solidarios, no camiño da independencia nacional e o socialismo, nun escenario de pleno respeito polos dereitos e liberdades democráticas.

- A campaña de solidariedade con os e as galegas presas, por motivacións políticas, que deu comezo a esta denuncia, baséase nun escrupuloso respeito polos máis elementares direitos das persoas presas, recollidos na propia Constitución española, na Lei Xeral Penitenciaria e no Convenio Europeo de Dereitos Humanos; denunciando as arbitrariedades que sofren como a aplicación da dispersión, a tortura, o isolamento ou as sobrecondenas ás que son sometidos os seus familiares. Sendo a súa finalidade dar a coñecer, desde a nosa modesta posición, a existencia desta situación propia dun Estado pre-democrático, que ten recebido condenas da Comisión de Dereitos Humamos da ONU, do Comité Internacional Contra a Torturta, de Amnistía Internacional e do propio Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, nada sospeitosos de ?radicais?.

- Queremos esclarecer que a nosa relación co IES Lagoa de Antela reduciuse ao apoio dunha xornada pola lingua en 2009, consistente nun recitado poético e un concerto.

- Por último, valoraremos ante esta situación a posibilidade de emprender accións legais contra "Galicia Bilingue" por un delito de inxurias e calumnias ante as graves acusacións vertidas.

Sen mais, e sen querer entrar nunha dinímica de comunicados ou de desmentidos, damos por fechado o asunto, do cal ningunha consecuencia legal se pode desprender ante a multitude de mentiras e terxiversacións interesadas desta denuncia. Por último, dirixímonos á aqueles asociados/as, simpatizantes e amigos/as que nos coneñecen de primeira mao, que saben que actividades e traballo facemos, e que mundo - mais xusto e mais libre- queremos, para que sigan mostrando o seu apoio ano cara ao noso proxecto.

CENTRO SOCIAL AGUILHOAR

Escrito ?s 19:12:14 nas castegorias: ACTIVIDADES
por csrevolta   , 405 palavras, 492 views     Chuza!

Ainda sem comentários