Deixámosvos aquí unha ligazón a unha web de descarga de música galega onde poderedes atopar a grupos da nosa comarca desde O Real Coro Toxos e Froles ata os valexos Retobato, desde Maria Manoela ata Mencer Vermello, desde Andrés Dobarro ata habaneras ou mesmo gravacións da noite das Pepitas.
Continua:
Como eles mesmo dín a idea deste caderno é recuperar obras da nosa música galega, que foron quedando acurrunchadas polo paso do tempo en vellos vinilos, casetes, singles, EP's, etc. e que están agardando unha oportunidade para ser dixitalizadas e espalladas de novo.
Escrito em 14-09-09,
na categoria: Música en galego
|