Preséntase en Ferrol a plataforma cidadá Queremos Galego!

Preséntase en Ferrol a plataforma cidadá Queremos Galego!

A plataforma Queremos Galego! celebrou onte a súa presentación pública na comarca de Ferrolterra. Os portavoces desta entidade fixeron un chamamento á cidadanía para que secunde a manifestación en defensa da lingua que terá lugar o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.

Xaquín Campo, un dos representantes da plataforma, fixo fincapé en que ?esta entidade está integrada por moitos colectivos que se mobilizan a prol da defensa do idioma? e que se trata ?dun espazo plural e aberto?. Para Xabier Ferro, outro dos representantes da entidade, ?o obxectivo fundamental de Queremos Galego! é transmitir un discurso positivo en torno á nosa lingua?.

Diante da polémica xerada en torno á posible derrogación do decreto do galego, Xaquín Campo declarou que ?o mero feito de ter cuestionado a lingua galega xa supón un retroceso de centos de anos?

Cara finais de ano, unha vez pasada a manifestación de outubro, ?está prevista a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular? tal e como declarou Delfina Bañobre, portavoz de Queremos Galego! en Ferrolterra.

A plataforma conta con múltiples apoios tanto a nivel autonómico como comarcal. No ámbito galego destaca a adhesión de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, o Foro de Curas Galegos, Esquerda Unida, o BNG, Adega ou a Coordenadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. En Ferrolterra tamén se aheriron sociedades como o Club Narón Balompé, a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, o Ateneo Ferrolán ou a Asociación Cultural Fuco Buxán.

Artigo extraído de Diario de Ferrol

Escrito em 26-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Ainda sem comentários


Busca


Abril 2024
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

  Feeds XML

powered by b2evolution free blog software