Comedia bífida no Jofre

Comedia bífida no Jofre

A obra forma parte da campaña Bocaberta, promovida pola Xunta en colaboración co Concello de Ferrol

Despois da celebración de “Contos para falar” na Capela do Torrente Ballester, o programa de dinamización lingüística Bocaberta que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Ferrol achega unha nova actividade para os estudantes máis novos da cidade. Será hoxe, no Teatro Jofre e coa participación da Editorial Galaxia, cando a compañía Bicodobrelo Teatro represente "Comedia bífida", de Manuel Núñez Singala. Haberá dúas sesións, ás 10 e ás 12 horas.

Se trata dunha actividade para adolescentes que, entre risa e risa, promove a reflexión sobre a situación sociolingüística que vivimos. O autor constrúe nesta peza un xuízo á lingua ou ao emprego que dela facemos, encontrándonos con algunhas das situacións que vivimos a cotío no noso país.

Os asistentes recibirán un exemplar do libro para a reflexión sociolingüística "En galego, por que non?", do mesmo autor. Nesta liña, cabe lembrar que esta actividade se enmarca nunha campaña máis ampla solicitada no seu momento polo Concello á Xunta de Galicia e a través da cal se pretende fomentar o uso do idioma galego dende as idades máis temperás.

Artigo extraído de Ferrol.es

Escrito em 23-10-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Busca


Maio 2012
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Feeds XML

powered by b2evolution