Ven de ser editado o primeiro volume da colección Colega, que consta dunha serie de 5 volumes no que os nenos aprenderán a ler e escribir correctamente adecuando a aprendizaxe ao seu ritmo. Estes novos cadernos contan cun vocabulario adaptado a última normativa do galego, cubrindo un baleiro existente reclamado polos profesionais da educación.
Neste primeiro volume trabállanse as letras m, p, s, l, t, d, f e n. Nel, ademáis das actividades habituais neste tipo de cadernos, inclúense exercicios de grecas, conceptos básicos, discriminación auditiva e visual, comprensión, series e xogos. Este método permitiralle ao rapaz adquirir as habilidades precisas para o seu desenrolo na lectoescritura dun xeito máis ameno.
Cada libro conta cun completo anexo que inclúe:
* Ditados para realizar con cada letra debidamente secuenciados e progresivos.
* Un extenso glosario no que se recollen os debuxos e vocabularios empregados en cada tema, que se pode consultar sempre que sexa preciso.
* Material manipulable preciso para completar as actividades.
Esta colección pertence a editorial Glia
Escrito em 24-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|