O profesor Victorino Pérez Prieto iniciou a sua disertación cunha pregunta:
-¿Será moito dicir que Prisciliano sexa símbolo do pobo galego?
Reconstruír a figura histórica de Prisciliano non é doado pola teima da Igrexa en borralo, máis de 200 anos adicou a tal empresa, sen chegar a conseguilo. Sábese que viviu nos anos 345 a 385, que foi un home culto que chegou a ser bispo de Avila, e ao que seguiron tanto o pobo como moitos bispos, que morreu decapitado por herexe. Os mellores traballos sobre a sua importante figura son alemáns, incluso de ingleses ou franceses.
Pero para Galiza é tan importante a realidade histórica de Prisciliano como a realidade mítica. Pobre do pobo que mate os seus mitos. A cultura galega naceu despois de Prisciliano, uns escribían a favor de Prisciliano e outros encontra.
Victorino Pérez contounos como falaron de Prisciliano algúns galeguistas.
-Vicente Risco :“Prisciliano é algo tan grande, encerra un misterio tan profundo que non sei se os galegos chegaremos endexamais a descubrilo e que sabe se moito do noso porvir non pende diso”.
-Castelao: “Galiza abrazou o cristianismo de Prisciliano durante máis de 100 anos. Conciencia mítica de Galiza”.
-Portela Valladares: “ Sempre constituirá un forte valor e a sua elevada figura moral debe presentarse para todos como un dos máis rexos da nosa Galiza...”
-Destacou sobre todos a fascinación que lle transmitiu por Prisciliano D. Ramón Otero Pedrayo, que escribiu: “ Prisciliano é a maior individualidade que Galiza xerou...”
O profesor e autor do libro “Prisciliano na cultura galega” dixo que será difícil chegar a saber con certeza quen foi Prisciliano, pero non cabe dubida de que é unha realidade mítica para o pobo galego. ¿O santo enterrado en Compostela non será Prisciliano? Por ala andou con certeza.
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963 . Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Federico Tapia 12-1º
15005 A Corunha
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br