O FACHO: Ana Romero Masiá- ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?

O FACHO: Ana Romero Masiá- ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?

03-03-2012

Agrupación Cultural O Facho
Federico Tapia 12-1º
15011 A Coruña

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra
O vindeiro dia 6 de Marzo, martes, ás 8 do serán a Catedrática de Xeografía e Historia no Instituto Monte das Moas da Coruña, Ana Romero Masiá, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, coa exposición titulada ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 ? Cidade Vella ? A Coruña.
Ana Romero é licenciada en Historia Antiga e Historia da Arte pola Universidade de Santiago e Doutora en Humanidades pola Universidade da Coruña.
Ademais da súa actividade docente, desenrola unha actividade investigadora en tres áreas:
1. Arqueolóxica; como membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto ?Padre Sarmiento? do CSIC, dirixiu as escavacións no castro de Borneiro entre 1980 e 1989. Relacionados con este ámbito ten distintos traballos publicados.
2. Didáctica- pedagóxica; formou parte de numerosos grupos de innovación pedagóxica dos que xurdiron distintas publicacións
3. Historia Contemporánea; con publicacións individuais e en colaboración. Entre as primeiras: A Fábrica de Tabacos da Palloza(1997); Severino Chacón, líder sindical do mundo do tabaco(2003); A Coruña liberal(2005); A represión franquista na Fábrica de Tabacos da Coruña(2005).
Foi poñente/ relatora en múltiples cursos de carácter didáctico e participou en numerosos congresos.


Dia: 6 de Marzo- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella ? A Coruña

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution