O pasado dia 6 de Marzo, a Catedrática de Xeografía e Historia no Instituto Monte das Moas da Coruña, Ana Romero Masiá, falou dentro do ciclo “Língua, Literatura, e Naçom”, coa exposición titulada “Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX”. O acto celebrouse na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña.
A profesora espuxo a sua moi interesante palestra apoiandose en fotografias e textos para mellor comprender o “penible” traballo da muller, tanto nas fábricas que se foron instalando no País, como noutros traballos gremiais realizados fora do fogar.
Como sempre ao finalizar a sua exposición a conferenciate mantivo un colóquio co público asistente.
Enlace a presentación
http://www.youtube.com/embed/2hNzFle_PcA"
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963 . Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Federico Tapia 12-1º
15005 A Corunha
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br