O profesor e economista Bernardo Valdés intervéu dentro do ciclo, Economia, História, e Realidade Social, organizado pola nossa Asociación con o tema“ A agricultura galega e a Unión Europea”.
Bernardo Valdés expuxo a sua análise do sector agro-gandeiro galego, a evolución ao longo dos últimos anos, a especialización na produción, os éxitos e carencias. Segundo as estadísticas presentadas , a economía de Galicia xa non é rural, e malia as posibilidades produtivas do sector agro-gandeiro, outros factores fan del un sector altamente dependente das importacións e con resultados que non alcanzan para satisfacer as necesidades da poboación.
Como sempre ao findar a descrición o conferenciante mantivo un interessante colóquio co público asistente.
Agrupación Cultural O Facho
Federico Tapia 12-1º
15011 A Coruña
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12
Palestra
O vindeiro dia 24 de Abril, martes, ás 8 do serán o profesor titular da Escola Politécnica Superior-USC, Bernardo Valdês Paços, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”, coa exposición titulada “A agricultura galega e a Unión Europea”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña.
Bernardo Valdês é profesor da Escola Politécnica na área de economía, socioloxía e política agraria; autor de diversas publicacións sobre a agricultura galega, a regulación do mercado de produtos lácteos e a política agraria común, e tamén sobre o proceso de construción da UE.
Día: 24 de Abril- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella – A Coruña
O profesor Bermejo Patiño, con un discurso brillante, conseguiu emocionar a audiencia presentando un científico galego do século XIX :CASARES.
Este químico, e grandiosa figura da ciencia, Antonio Casares adicou a sua vida a facer ciencia e divulgala pero ademais mostrou un empeño especial por atopar aplicacións prácticas aos seus amplos e vangardistas coñecementos. As suas investigacións deron lugar a grandes avances en multitude de campos: saúde, agricultura, ensino, alimentación....
Ao findar o conferenciante mantivo un mui interesante colóquio co público asistente.
Agrupación Cultural O Facho
Federico Tapia 12-1º
15011 A Coruña
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12
Palestra
O vindeiro dia 17 de Abril, martes, ás 8 do serán o Catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Bermejo Patiño, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”, coa exposición titulada “Casares: A consolidación da experimentalidade en Galicia”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña.
Manuel Bermejo é na actualidade profesor investigador da USC.
Do amplo curriculum deste profesor cabe destacar:
- Director dun Grupo numeroso de Investigación en Química Bioinorgánica e Supramolecular.
- Publicacións de traballos en revistas internacionais do mais alto nivel e comunicacións científicas ao longo de todo o mundo.
- Ten organizado e participado en múltiples congresos nacionais e internacionais, tanto da súa especialidade como da Historia da Ciencia e de Educación Ambiental.
- Director dun Grupo de Traballo sobre Conservación e posta en valor do Patrimonio Científico de Galicia; Director do traballo Estratexia Galega de Educación Ambiental e participante no Proxecto Galicia 2010.
- Traballos pedagóxico-didácticos, libros de Ciencia e Divulgación científica, artigos en revistas galegas e españolas e múltiples conferencias de divulgación.
- Director e colaborador na dirección de diversas Teses de Doutoramento de Historia da Ciencia en Galicia.
Día: 17 de Abril- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella – A Coruña
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963 . Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Federico Tapia 12-1º
15005 A Corunha
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br