Agrupación Cultural O Facho
Federico Tapia 12-1º
15011 A Coruña
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12
Palestra
O vindeiro dia 24 de Abril, martes, ás 8 do serán o profesor titular da Escola Politécnica Superior-USC, Bernardo Valdês Paços, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”, coa exposición titulada “A agricultura galega e a Unión Europea”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña.
Bernardo Valdês é profesor da Escola Politécnica na área de economía, socioloxía e política agraria; autor de diversas publicacións sobre a agricultura galega, a regulación do mercado de produtos lácteos e a política agraria común, e tamén sobre o proceso de construción da UE.
Día: 24 de Abril- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella – A Coruña
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963 . Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Federico Tapia 12-1º
15005 A Corunha
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br