A Agrupaçom Cultural O Facho fizo no serám do sábado, dia 2 de Junho do ano que corre, entrega dos diplomas e prémios do Concurso de ?Contos de nenos para nenos? e de ?Teatro Infantil?.
O acto efectuo-se na sala de conferências do Circulo de Artesans da Corunha (Rua de Santo André). No mesmo falárom o membro do júri, Breogam Ribeiro, aosé L. Rodrigues Pardo, presidente da associaçom, e Soledad González Maside, membro da directiva d'O Facho e responsável dos Concursos Literários. Ao mesmo acudírom todos os premiados assim como amigos e familiares.
XABIER P. Docampo
5 de maio de 2012
CARTA ABERTA A MARíA, ANDRÉS, DAVID E ANDRÉ, GAÑADORES DO CONCURSO DE CONTOS "CARLOS CASARES" DO FACHO DO ANO 2012
Benquerida amiga, benqueridos amigos: Non me foi posíbel asistir o sábado á entrega dos vosos premios, mais si quero darvos os meus parabéns polo voso traballo literario.
E quero tamén que saibades que o feito de escribirdes estes contos, como fixeron tamén varias decenas de rapazas e rapaces que non gañaron, e o feito de recibirdes este premio, son dous acontecementos moi importantes e que, xa para sempre, terán lembranza e significado nas vosas vidas.
En primeiro lugar porque se vos outorga un recoñecemento á vosa vocación literaria, a ese feito de que os vosos soños escritos se vexan recoñecidos polas persoas que os len. Iso fai de vós escritores feitos e dereitos.
Pero tamén este suceso conleva unha responsabilidade que vos quero lembrar. Agora formades parte de xeito público e notorio da xente que ofrece o seu esforzo no uso, na defensa e na promoción da lingua galega, a nosa, a vosa. Agora sodes membros dunha sociedad e nada secreta da que formaron parte Rosalía de Castro e Castelao, Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro, Blanco Amor e Fole, Rafael Dieste e Carlos Casares. Un empeño polo que deron a vida Alexandre Bóveda ou Ánxel Casal e no que seguen miles e miles de homes e mulleres, deses que no noso himno lIes chamamos "os bos e xenerosos", e que mostran cada día o seu esforzo pola defensa da lingua propia de Galicia do xeito máis natural e necesario: falándoa.
Aí, nese compromiso de falar galego a cotío é onde contamos xa con vós para sempre e aí agardo con confianza que nos encontremos.
A miña mellor aperta para os catro.
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com