O FACHO: ?Nos 110 anos do Himno Galego: historia, texto e símbolo?, por Manuel Ferreiro

O FACHO: ?Nos 110 anos do Himno Galego: historia, texto e símbolo?, por Manuel Ferreiro

29-01-2018

O vindoiro martes, dia 30 de xaneiro de 2018, o profesor Manuel Ferreiro falará dentro do ciclo, ?Lingua, cultura e país?, coa palestra intitulada ?Nos 110 anos do Himno Galego: historia, texto e símbolo?.

Manuel Ferreiro (Saavedra, 1955) é licenciado (1978) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (subsección: Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña. A súa actividade investigadora abala entre a Lingüística Histórica e mais a Ecdótica e a Crítica Textual: os dous volumes da Gramática Histórica Galega (1995-1997) inscríbense na primeira liña de investigación; co segundo núcleo de pesquisa están relacionados os traballos que teñen como obxecto o estudo e a edición de textos medievais, nomeadamente dos textos trobadorescos galego-portugueses, con participación e dirección de proxectos de investigación e coa publicación de diversos contributos e artigos especializados en revistas e libros colectivos, e mais monografías como As cantigas de Rodrigu?Eanes de Vasconcelos ou O Cancioneiro de Pero Mafaldo.

A figura e a obra de Eduardo Pondal nuclea outro centro de interese investigador no ámbito da Crítica Textual e do estudo da lingua literaria pondaliana, coa publicación de múltiplos estudos, nomeadamente os catro volumes da súa obra completa (1995-2005) e numerosos traballos e monografías sobre o poeta: De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, 1996, 1ª ed.; O Himno Galego. Documentos históricos (1890-1907); Eduardo Pondal, o cantor do eido noso (2017); Estes son os eidos amigos. Escolma xeográfica da poesía pondaliana (2017); Eduardo Pondal: Os cantos eran da Patria (120 poemas) (2017).

En 2006 gañou o XVII Premio de Investigación ?Losada Diéguez? 2006 pola edición d?Os Eoas pondalianos, e en 2014 foille concedido o IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (http://glossa.gal). Na actualidade dirixe o proxecto Universo Cantigas, que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa (http://universocantigas.gal).

Dia: martes 30 de xaneiro de 2018- Hora: 8 do serán

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

blogsoft