CONCURSO NACIONAL DE ?CONTOS DE NENOS PARA NENOS? CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

CONCURSO NACIONAL DE ?CONTOS DE NENOS PARA NENOS? CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

31-01-2018

Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron muitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a sua obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realiza-se a convocatoria para 2018 do Concurso Literario de ?Contos de Nenos para Nenos?

BASES DO CONCURSO

1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de Março do 2018 ás doce da noite.
3. A apresentación de orixinais para o Concurso fará-se por correio postal dirixido à Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal. Podendo facer individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haberen de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus direitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xúri.
6. Para alén da orixinalidade literaria, o xúri valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras. As obras presentadas debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (RAG, REINTEGRADO, LUSOFONA)
7. Estabelecen-se dúas categorías:

Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos.

8. Os importes dos premios serán os que seguen:

Categoría A :
1º: 450,.- ? en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250.- ? en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

Categoría B:
1º: 450,.- ? en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250,.- ? en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

9. Cada autor só poderá apresentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:

Categoría A: Un máximo de cinco fólios
Categoría B: Un máximo de dez fólios

10. As obras haberen de se apresentar por triplicado, manuscritas ou mecanográficas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:

Nome e apelidos do autor/a.
Enderezo e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.

11. Os premios serán escollidos por un xúri designado pola Asociación Cultural O Facho en fallo que se fará público no mes de Maio.
12. O xúri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así cono as dubidas na sua interpretación.
13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

Correio electrónico: o_facho_a_cultural@yahoo.con.br
Segue-nos en Facebook: Agrupación Cultural O Facho
Blogue:
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/



Coruña, 17 de xaneiro 2018

Correio electrónico: o_facho_a_cultural@yahoo.con.br
Segue-nos en Facebook: Agrupación Cultural O Facho
Blogue:
http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution