O FACHO: "A Teoría do Colapso Territotal na Galiza?, por Xosé Constenla Vega

O FACHO: "A Teoría do Colapso Territotal na Galiza?, por Xosé Constenla Vega

11-11-2019

A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convidao a asistir ós seus ciclos de palestras públicas do período 2019-2020.

Palestra

O vindeiro día 12 de novembro, o Xeografo, Xosé Constenla Vega, dentro do ciclo "Economia, História e Realidade Social" impartirá a palestra titulada "A Teoría do Colapso Territotal na Galiza?. O acto realizarase en Portas Ártabras, Cidade Vella, ás 8 do serán. O finalizar haberá un pequeno coloquio cos asistentes.

Xosé Constenla Vega (Compostela, 1980). Xeógrafo. Licenciouse e doutorouse en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2017 recibiu o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro de Ciencias Sociais e Humanidades pola obra titulada ?O Colapso Territorial en Galiza?. Unha lectura dende o espazo da construción social do país.

Na actualidade é profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Vigo e de Xeografía Humana no CA da UNED en Pontevedra. Con anterioridade foi docente na Universidade da Coruña, na Carlos III de Madrid e na de León. No ámbito privado, traballou profesionalmente no campo do Urbanismo e da Ordenación do Territorio.

Publicou numerosos artigos en revistas científicas no eido da Xeografía e das Ciencias Sociais. En 2010, publicou en Edicións Laiovento o libro ?(Re)Imaxinando o universo urbano de Batilmore a Santiago de Compostela?. Na súa faceta como cantautor, ten catro discos publicados: Quen fixo berrar ao silencio (2005), Olladas dun entusiasta (2008), Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (2013) e Virada por avante (2016).

Dia:12 de novembro - 8 do serán
Local: Portas Ártabras, R/ Sinagoga 22
Cidade Vella . A Coruña


Correio electrónico: o_facho_a_corunha@yahoo.com.br
Segue-nos en Facebook: Agrupación Cultural O Facho
Para axudas e aportacións económicas:
Conta ES02.3070.0044.58.6090453421
Todas as palestras dadas están en: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

PARA ESCOITA, CLIQUE DE SEGUIDO:
https://archive.org/download/constenla-vega-xose/CONSTENLA-VEGA-XOSE.mp3

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution