A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña o convida a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do terceiro trimestre 2021-2022
Palestra
O dia 22 de marzo (martes), o Profesor Juan Alberto Turnes Abelenda falará dentro do ciclo Economia, História da Galiza e Ciências Sociais sobre o tema ?Desenvolvemento e descentralización fiscal?.
Juan Alberto Turnes Abelenda (1986) é Doutor en Economía (2018) e Profesor do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É autor do libro ?Descentralización fiscal e desenvolvemento: Os fluxos fiscais directos e indirectos entre Galiza e a Administración Xeral do Estado? (Edicións Laiovento, 2021), que constituíu o obxecto da sua tese de doutoramento. Na actualidade traballa nas áreas de Desenvolvemento e Integración Económica, Desigualdades Rexionais e Políticas Públicas, formando parte do grupo de investigación ICEDE (USC).
Vai-se falar de Balanzas Fiscais e do Centralismo-Autogoberno real. Tema fulcral desde unha perspectiva de autogoberno, pois non hai autonomía política real sen autonomía financeira. España ens roba, din os cataláns. E qué pasa na Galiza? Somos un país netamente subvencionado? Hai algún territorio privilexiado no estado español? Temos unha Administración Central excesiva que favorece a Madrid?. Son preguntas imprescindibeis que con toda seguridade serán tratadas polo profesor J. Alberto Turnes na súa disertación. Esta palestra será de utilidade para entender mellor estes asuntos, en principio complexos, pero de central importancia no deseño de políticas para o desenvolvemento do noso País.
22 de marzo de 2022
Hora: 8 do serán ? Rúa Sinagoga 22
Portas Ártabras ? Cidade Vella-A Coruña
PARA ESCOITAR CLIQUE NO ENLACE:
https://archive.org/download/turnes-abelenda-1/Turnes-Abelenda%20%281%29.mp3
Agrupación Cultural O? Facho
Correio electrónico: o_facho_a_cultural@sapo.pt
Segue-nos en Facebook: Agrupación Cultural O Facho
Blogue: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com