O FACHO: Recuperarmos hoxe a terra para termos un mañá, por Marcelino Fernández Mallo

O FACHO: Recuperarmos hoxe a terra para termos un mañá, por Marcelino Fernández Mallo

20-11-2022

O FACHO:  Recuperarmos hoxe a terra para termos un mañá, por Marcelino Fernández Mallo

A Agrupación Cultural O? Facho de A Coruña o convida a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre 2022-2023.
O dia 22 de novembro o economista galego Marcelino Fernández Mallo falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre o tema ?Recuperarmos hoxe a terra para termos un mañá?.
Data e hora: : martes, 22 de novembro de 2022 ás 8 do serán
Lugar: : Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella-A Coruña

Marcelino Fernández Mallo (A Coruña, 1961), é un economista e escritor cunha fonda preocupación pola situación económica e social de Galicia. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, obtivo o seu MBA na IMD Business School de Lausana (Suiza). Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego desenvolvendo labores executivas. Dende 2011 exerce como consultor independente en sectores como a automocíón, o téxtil, o softwarte ou a alimentación. Como docente, estivo a cargo dun programa de MBA durante varios cursos. Na sua actividade dos últimos tempos, subliña-se o deseño e desenvolvemento do Atlas Galego da Empresa Comprometida, a organización do I Seminario Galego de Economía de Proximidade na UIMP e a publicación do Libro ?The Wrong Manager?.
Na sua faceta de escritor son de salientar obras de narrativa tanto en galego (?Cabilia?, 2005, ?A trenza?, 2008, ?Klásicos?, 2009, ?Pallarega?, 2012) como en castelán (?El Danubio no pasa por Buenos Aires?, 2015 e ?El émulo de Reginald Perrin?, 2017). En canto ás obras de ensaio, se salienta o traballo ?De la Peseta al Euro?, 1998, Editorial Pirámide.
Ademais de escritor, é un prolífico articulista, sendo autor de varios centenares de artigos en diversas revistas impresas e dixitais. Fondamente preocupado polo medio rural galego, a necesidade de aplicar outra política de desenvolvemento agrario constitúe unha das suas constantes chamadas e reclamacións como se reflicte, por exemplo, en ?SOS Rural Galego? (Vieiros.com). Algún deses artigos (?Galicia, de paisaxe natural a inmenso eucaliptal?) foi compartido milleiros de veces nas redes sociais. Gran comunicador, ten impartido case un centenar de conferencias abordando un amplo abano de áreas relativas a Economía, Política, Xestión, Literatura ou Cultura que sempre teñen o país galego como elemento fulcral da sua atención.

Agrupación Cultural O? Facho

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution