A Agrupación Cultural O? Facho de A Coruña o convida a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre 2022-2023.
O dia 13 de decembro a gandeira e sindicalista agraria galega Isabel Vilalba falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre o tema: ?Mundo rural ? Presente e Futuro?.
Data e hora: martes, 13 de decembro de 2022 ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Isabel Vilalba Seivane, nada en Lourenzá en 1975 é unha gandeira e sindicalista galega. Neta de agricultores e filla de emigrantes en Suíza, co-rexenta unha explotación agro-gandeira en Lourenzá. En xuño de 2012 foi elixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, é reelixida como líder da organización ata 2024. Asemade, foi responsable da Secretaría das Mulleres do SLG.
A nivel internacional, como secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego forma parte activa da Vía Campesiña (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas), da Coordinadora Europea - Vía Campesiña (CE-VC) e da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).
Como sindicalista agraria reclama unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario. Considera as explotacións agropecuarias como elementos imprescindíbeis na vertebración do medio rural e como garantes da paisaxe e de do medio natural galego. Unido a isto, esixe o mantemento do emprego na agricultura poñendo freo ao actual proceso de desaparición da explotación agrária familiar ligado á xusta remuneración do traballo de produción garantindo as rendas mínimas para vivir con dignidade do traballo de produción.
As suas acertadas chamadas acerca da vulnerabilidade da cidadanía urbana e consumidora a respecto das variacións da situación xeopolítica e sanitaria mundial e a que estamos no límite do desenvolvemento dun modelo intensivo e globalizado de produción e distribución de alimentos baseado no acceso a fontes de enerxía barata, constitúen a base da sua disertación.
Afrontar este futuro require unha firme aposta polo mantemento dunha produción agropecuaria galega baseada na agricultura familiar e dirixida aos produtos de calidade. Esta agricultura, como indica Isabel Vilalba, debe incorporar a conservación do medio como un custo obrigado na xusta remuneración dos produtos.
Asemade, a conservación da diversidade xenética das especies tradicionais agrícolas e gandeiras como patrimonio da cidadanía galega e mundial; o mantemento de actividades socioeconómicas diversas, a mellora das infraestruturas así como a dotación de servizos sociais adecuados ás necesidades do medio rural galego forman parte das suas demandas, en paralelo ás chamadas a prol da descentralización do poder sobre a política agrária, esixindo unha PAC que recolla a singularidade e diversidade da nosa agricultura.
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO
https://archive.org/download/isabel-vilalba/ISABEL-VILALBA.mp3
Agrupación Cultural O? Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br